Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2022

    As asociacións culturais Elutseder do val de Erro e Garaitzeko Asi de Burguete puxeron en marcha unha iniciativa para transmitir cancións populares en éuscaro destas dúas localidades pirenaicas.

    Fonte: EITB

    17 de agosto de 2022

    A Deputación de Badaxoz puxo en marcha o programa Assina co que, a través de obradoiros e charlas, quere dar a coñecer e poñer en valor a realidade lingüística de Estremadura nas comarcas pacenses.

    Fonte: Región Digital

    17 de agosto de 2022

    Esta actividade formativa para o ensino do idioma vietnamita, celebrada en Hanoi, está destinada a mestres do país indochinés en ultramar e nela participaron persoas procedentes de nove países do mundo.

    Fonte: Vietnam +

    17 de agosto de 2022

    O Consell de Formentera convocou unha liña de axudas para o fomento do uso do catalán nos sectores do comercio, a restauración, a industria e os servizos da illa que cubrirán gastos como rótulos, carteis, merchandaxe, páxinas web... cun máximo de 1000 euros por beneficiario.

    Fonte: Nou Diari

    17 de agosto de 2022

    Mentres que a Constitución de 1980 non fai referencia ningunha á diversidade lingüística de Chile, a nova, se ben non recolle toda a complexidade sociolingüística do país, recoñece esta diversidade e establece unha serie de normativas lingüísticas e deberes do Estado nesta materia.  

    Fonte: Diario Uchile

    12 de agosto de 2022

    Esta universidade, que terá a súa sede na Cidade de México, impartirá licenciaturas de Ensino de Linguas Indíxenas, Interpretación e Tradución en Linguas Indíxenas, Literatura en Linguas Indíxenas e Comunicación Indíxena Intercultural.

    Fonte: El Economista

    12 de agosto de 2022

    Coa conmemoración deste decenio por parte da Unesco preténdese frear a deterioración das linguas indíxenas e revalorizar a cultura destes pobos.  

    Fonte: Radio Fórmula QR

    12 de agosto de 2022

    A cantante Kai Nakai triunfa coas súas versións en éuscaro dos temas Despechá, de Rosalía, e Quédate, de Bizarrap y Quevedo.

    Fonte: Noticias de Álava

    12 de agosto de 2022

    No ano 1985 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou dúas resolucións en galego. Co gallo da celebración do 37º aniversario deste feito, a Deputación de Lugo organizou varios actos conmemorativos.

    Fonte: Nós Televisión

    12 de agosto de 2022

    A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 66 ciclos formativos plurilingües que comezan no curso académico 2022-2023 en 33 centros educativos galegos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder