Como cada ano o 25 de agosto celébrase o Día do Idioma Guaraní para conmemorar o recoñecemento deste como lingua oficial de Paraguai como se recolle na Constitución deste país.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Como cada ano o 25 de agosto celébrase o Día do Idioma Guaraní para conmemorar o recoñecemento deste como lingua oficial de Paraguai como se recolle na Constitución deste país.
Fonte: ABC
O asturiano inclúese xa na listaxe de 15 idiomas que se poderán aprender na Universidade de Oviedo, xunto ao español para estranxeiros. En concreto, impartirase en multinivel A1-B2 e o número de prazas do curso ascende a 25.
Fonte: Asturies.com
A Agrupación de Persoas Xordas de Granada e Provincia (Asogra), en colaboración coa Deputación de Granada, desenvolveron un proxecto en lingua de signos para ofrecer información cultural e turística dos municipios da provincia para que esta se converta nun referente en materia de accesibilidade para as persoas deste colectivo.
Fancisco Escudero El Perrete, cantaor estremeño de nai galega, compuxo unha serie de fandangos en galego dentro do seu novo proxecto, no que tamén quere trasladar ao cante jondo poemas de Rosalía de Castro e de Federico García Lorca.
Fonte: El Correo Gallego
Este festival, que chega á súa décima edición, serve como escaparate das tradicións e a música en lingua galega. Organizado por Castiñeiro Milenario, tamén partiu da premisa de outorgarlle un papel destacado á muller.
Fonte: El Progreso
Ata agora os usurarios de LinkedIn de Ucraína empregaban esta rede social profesional en ruso, idioma falado por unha ampla porcentaxe da poboación. Porén, acábase de anunciar que xa está dispoñible a versión en ucraíno.
Fonte: TreceBits
Segundo se desprende das últimas cifras do censo de Statistics Canada, incrementouse no país o número de persoas que teñen unha lingua diferente do francés ou o inglés. Malia que estes continúan a ser os idiomas máis comúns entre a poboación, no caso do francés diminuíu a cifra de falantes.
Fonte: Noticias del Mundo
Grazas a unha subvención de 3317,34 euros recibida da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela continuará co proxecto de recuperación e divulgación da toponimia que está a levar a cabo no municipio.
Fonte: Atlántico
A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, o Concello de Cospeito e Culturalia GZ convocan a quinta edición do Certame de Poesía da Torre de Caldaloba co obxectivo de promocionar a torre e o municipio e a lingua e a literatura galegas.
Fonte: El Progreso
O docente Equicio Rufino Paxi Coaquira presentou a Gramática del idioma quechua, un volume que contén reflexións sobre a estrutura desta lingua a nivel fonético, fonolóxico, morfolóxico, sintáctico e léxico.
Fonte: Onda Azul
Subscríbase ao boletín