Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de agosto de 2022

    A aplicación IndyLan naceu da man dunha universidade británica para dar a coñecer as linguas europeas minoritarias e a súa cultura. Agora ve o seu fin porque vai deixar de recibir financiamento do Programa Erasmus+ que a mantiña activa.

    Fonte: Neofalantes

    23 de agosto de 2022

    O Concello de Laudio destinou 21 635 euros para apoiar a aprendizaxe de éuscaro este curso de 113 persoas, que recibirán entre o 50 % e o 100 % do importe total do curso.

    Fonte: Radio Llodio

    23 de agosto de 2022

    A conselleira Gemma Geis anunciou que a Generalitat de Cataluña vai destinar 3,8 millóns de euros este curso ao Plan de reforzo da lingua catalá no sistema universitario e de investigación.

    Fonte: Magisterio

    22 de agosto de 2022

    Varias persoas usuarias de Renfe relataron a Nós Diario episodios de discriminación do galego durante as viaxes e nas distintas instalacións da compañía.

    Fonte: Nós Diario

    22 de agosto de 2022

    O Festiletras, un festival cheo de música e actividades en galego, celebrarse do 1 ao 4 de setembro na Aldea do Couto. Ao longo de catro días ciencia, obradoiros, contacontos, monólogos, teatro, danza ou poesía desenvolveranse nesta aldea de Ponteceso.

    Fonte: Neofalantes

    22 de agosto de 2022

    A Asociación de Medios de Información e Comunicación (AMIC) organiza o certame AMIC Directes, unha iniciativa coa que buscan impulsar o uso do catalán dirixida, principalmente, á xente nova que crea contidos audiovisuais nesta lingua.

    Fonte: ExtraDigital

    22 de agosto de 2022

    Ao longo do curso pasado, o alumnado deste centro de secundaria rexistrou o léxico propio desta zona e levou ao museo comarcal unha escolma das súas palabras máis queridas que están expostas nun taboleiro nunha das salas.

    Fonte: El Progreso

    22 de agosto de 2022

    O Goberno de Letonia quere aprobar unha lei para restrinxir o uso do ruso nos sectores público e privado, así como no comercio co obxectivo de aplicar os resultados do referendo de 2012 sobre o emprego desta lingua.  

    Fonte: SwissInfo

    19 de agosto de 2022

    Despois de 21 edicións, o concurso internacional de curtametraxes de estudantes de cine incluirá, por primeira vez, dúas curtametraxes rodadas en éuscaro. O Premio Nest é concedido polo Zinemaldia e polo centro Tabakalera e, este ano, seleccionou 13 películas das 350 presentadas por 160 escolas de 44 países.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    19 de agosto de 2022

    O prazo de matriculación para os cursos de éuscaro do Concello de Vitoria-Gasteiz estará aberto do 5 ao 14 de setembro. Estes cursos van dirixidos a pais e nais, persoas maiores de 55 anos, persoas de orixe estranxeira e persoas empregadas nos sectores do comercio e da hostalería.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder