Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de novembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do V Certame de Podcast “Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos”, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

    17 de novembro de 2022

    O Consello de Ministros aprobou o financiamento para o “Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da intelixencia artificial” co que se apoia, entre outras tarefas, a recompilación de recursos en galego de alta calidade (texto e voz) que se publicarán en formato dixital e que serán accesibles de forma gratuíta.

    17 de novembro de 2022

    Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro e Osasunbidea, o servizo navarro de saúde, colaboran para fomentar o emprego do éuscaro nos centros de atención primaria, para o que levou a cabo un programa piloto en varios centros de saúde da zona vascófona co obxectivo de analizar as súas características e necesidades lingüísticas.

    17 de novembro de 2022

    Os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, Anxo M. Lorenzo e Mª Carmen Martínez, asistiron no Centro Cultural de Valadares á entrega de premios da V edición do certame “As imaxes do Patrimonio”, onde trasladaron o apoio da Xunta de Galicia á candidatura de Ponte... nas Ondas! que aspira a entrar no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

    16 de novembro de 2022

    O Parque Nacional de Snowdonia (Eryri, en galés) accedeu a empregar exclusivamente o nome galés de Snowdon, a montaña máis alta de Gales, polo seu nome en galés (Yr Wyddfa).

    Fonte: BBC

     

    16 de novembro de 2022

    Unha familia da localidade galesa de Wrexham solicitou hai tres anos clases de natación en lingua galesa para os seus fillos e aínda non obtivo resposta. A asociación Cymdeithas Yr Iaith demandou unha resposta inmediata por parte do goberno local.

    Fonte: Wrexham.com

    16 de novembro de 2022

    O 92 % das empresas vascas dispón de páxina web e destas case a metade conta con versión en éuscaro. Por territorios, a presenza da lingua vasca é algo maior nas empresas guipuscoanas (58,5 %), seguidas das biscaíñas (45,3 %) e as arabesas (44 %).

    Fonte: Norte Exprés

    16 de novembro de 2022

    El Corte Inglés, Carrefour, Uvesco (BM), Mercadona e Eroski súmanse á terceira edición de Euskaraldia e mostran así o seu compromiso para seguir avanzando na normalización do emprego do éuscaro neste sector.

    Fonte: Gobierno Vasco

    16 de novembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Cova Céltica organizada pola Fundación Eduardo Pondal para presentar o libro Con Pondal en Bergantiños, de Francisco Fernández del Riego e editado por Galaxia.

    Fonte: O Portal de Lingua Galega

    16 de novembro de 2022

    A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo busca coa campaña de dinamización do galego ‘Cambia a túa mirada’ favorecer a integración lingüística do alumnado procedente de fóra de Galicia.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder