O Concello de Santiago abriu o prazo de inscrición para participar no programa "ELOS. Aquilo que une", unha iniciativa de intercambio lingüístico entre persoas que desexen aprender galego e persoas voluntarias que queiran colaborar con elas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Oficina de Defensa dos Dereitos Lingüísticos organiza un acto de conmemoración dos 25 anos da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, no que se destacou a súa posta en práctica como un dos mellores indicadores de calidade dun sistema democrático.
Fonte: 20 minutos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque na presentación da obra Un galego no Camiño Portugués, un traballo de Xosé Benito Reza que recolle as andainas dun galego que decide facer o Camiño de Santiago desde Lisboa.
O Concello subvenciona un 50 % do custo dos rótulos en éuscaro para a súa colocación en establecementos comerciais, ata un máximo de 300 euros. Poden ser, entre outros, rótulos exteriores, toldos e adhesivos para os escaparates.
Fonte: Diario Vasco
A Secretaría de Política Lingüística de Paraguai anunciou a presentación dunha aplicación gratuíta de tradución entre o guaraní, o castelán e o inglés. A ferramenta contén 3200 entradas.
A música galega e en galego é a protagonista do ciclo Acento, que a Fundación SGAE desenvolveu en Santiago o 20 e 21 de xuño coas actuacións de Pauliña, Tanxugueiras e Grande Amore. A Xunta de Galicia apoia economicamente a primeira edición deste encontro, que reivindica o uso do galego como lingua de expresión artística, ao tempo que conmemora o Día Europeo da Música.
Xa está activo o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cabanas que realizará labores de asesoramento interno e externo sobre o uso do galego, así como tarefas de dinamización lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
Dado que a transmisión familiar é un dos pasos máis importantes no proceso de revitalización do éuscaro, a Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco ofrece este curso para analizar as condutas de cada tipo de familia na transmisión desta lingua.
Fonte: Deia
A Deputación e a asociación empresarial SEA Empresas Alavesas colaboran na coordinación do Programa Lanabes, que ten o obxectivo de promover o uso do éuscaro no ámbito empresarial e ao que se unen cada vez máis entidades.
Fonte: Noticias de Álava
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro telemático con representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para a súa inclusión na Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Boletín
Subscríbase ao boletín





