Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de xuño de 2021

    Tres agrupacións a prol do gaélico escocés e da inmersión educativa nesta lingua elaboraron un proxecto piloto que vai tentar paliar a perda de fluidez que o alumnado de escolas en inmersión constatou durante a pandemia. O proxecto ofrece novas e variadas posibilidades de practicar a lingua tanto dentro como fóra dos fogares.

    Fonte: The National

    23 de xuño de 2021

    A Comisión de Cultura da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que avala que os municipios con comunidades indíxenas poidan ter unha lingua nativa como idioma cooficial.

    Fonte: Gazeta do Povo

    23 de xuño de 2021

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou as resolucións das axudas para o curso escolar 2020/2021 destinadas aos proxectos de fomento do galego realizados nos centros de ensino non universitario de titularidade privada.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de xuño de 2021

    Hai dez anos, a iniciativa 'Twitter en Galego', impulsada por Carlos García Vieito, conseguiu a dispoñibilidade da web de Twitter, que ata entón era accesible só en castelán ou inglés, en galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    22 de xuño de 2021

    Os datos do último censo do Departamento de Estatística de Singapur revelan que os fogares de Singapur falan cada vez máis inglés. O uso desta lingua aumenta máis de dez puntos desde 2010.

    Fonte: Channel New Asia

    22 de xuño de 2021

    Un grupo de 140 parlamentarios e parlamentarias da Asemblea Nacional de Francia envioulle unha carta ao presidente da República para solicitar un cambio da Constitución que permita protexer as linguas rexionais francesas.

    Fonte: Jornalet

    22 de xuño de 2021

    A Generalitat aproba o decreto de reestruturación do Departamento de Cultura, mediante o cal a Dirección Xeral de Política Lingüística eleva o seu rango e convértese en Secretaría de Política Lingüística, e destaca a lingua como unha prioridade gobernamental para garantir o futuro do catalán, do occitano e da lingua de signos catalá dentro da sociedade.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    22 de xuño de 2021

    A plataforma a favor do éuscaro de Tudela organizou unha marcha popular en bicicleta e varias actividades baixo o lema “Quero vivir en éuscaro” para reivindicar a oficialidade desta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    22 de xuño de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Marín na presentación do traballo O reto da recuperación e xeolocalización toponómica de Marín que fixeron desde o colexio San Narciso en homenaxe ao relixioso, lingüista, etnógrafo e profesor Elixio Rivas Quintas.

    22 de xuño de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Madrid na presentación de Un camiño de cine Xacobeo, a nova obra de Pilar Falcón na que se recompilan os documentais e longametraxes feitos ao longo dos anos e que teñen como protagonista o fenómeno do Camiño de Santiago.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder