Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xuño de 2021

    A asociación Docentes de Português na Galiza (DPG) lanzou o vídeo "Amor à primeira vista" como parte da campaña para animar o alumnado de ESO e bacharelato a que se inscriba na materia de portugués. Nel expóñense as vantaxes de aprendizaxe que teñen os galegofalantes pola proximidade entre esa lingua e o galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de xuño de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Caderno de Gres, unha publicación en papel promovida pola Fundación Xosé Neira Vilas ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

    17 de xuño de 2021

    O Goberno de Aragón subscribe un acordo de colaboración coa comarca de La Ribagorza para poñer en marcha medidas a prol do aragonés e o catalán de Aragón, e as súas variedades dialectais tales como actividades de difusión, dinamización social e cultural, publicacións, rótulos etc.

    17 de xuño de 2021

    Portugalete, Basauri, Erandio, Getxo, Orduña e Galdakao forman parte da plataforma dixital Beharsarea, unha ferramenta para ofrecer e solicitar traballo en éuscaro. Trátase dunha web que funciona como un taboleiro de anuncios virtual que ao mesmo tempo fomenta o uso desta lingua no ámbito laboral.  

    Fonte: El Correo

    17 de xuño de 2021

    Carlos Cerecedo, alumno da Universidade de Vigo, creou a web "Somos Cultura", que ten como obxectivo darlle resposta á escasa utilización do galego entre a mocidade, xuntando nun só punto ligazóns a contidos en galego de diferentes plataformas e redes sociais.

    Fonte: Treintayseis

    16 de xuño de 2021

    A Fundación Vincle puxo en marcha unha campaña baixo o lema “El català és negoci”, co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, para fomentar o uso do catalán en empresas e comercios e mostralo como un investimento rendible.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    16 de xuño de 2021

    O Gabinete de Normalización Lingüística impulsa unha campaña para incentivar a transmisión do valenciano entre as familias e fomentar valores como o da diversidade nas nenas e nos nenos.

    16 de xuño de 2021

    A autoridade unitaria de Gwynedd, no norte do País de Gales, está desenvolvendo un exhaustivo plan para estender e mellorar os servizos de educación en inmersión en galés. A idea é que estes servizos cheguen tamén ás persoas que acaban de adquirir a residencia na zona para que sexan competentes na lingua vernácula.

    Fonte: North Wales Chronicle

    16 de xuño de 2021

    A vila occitana de Cornonterralh, no distrito de Montpellier, acollerá unha nova 'calandreta' ou escola de inmersión en occitano a partir do próximo mes de setembro.

    Fonte: Jornalet

    16 de xuño de 2021

    Este servizo de normalización lingüística traballará no fomento do galego nos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño. O seu programa de actividades estréase cun proxecto de recollida de materiais relacionados co San Xoán (cantigas, coplas, refráns, receitas...), para o que piden a colaboración da cidadanía.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder