Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xuño de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro Agochar a memoria nalgures, no que o escritor e profesor José Julio Fernández Rodríguez reflexiona a través da poesía sobre as dificultades ás que nos enfrontamos as persoas no contexto do s. XXI.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de xuño de 2021

    Das 6417 persoas rexistradas para realizar a proba de acceso á avogacía correspondente ao ano 2021 só unha realizou o exame en galego. No que respecta ás outras linguas do estado, escolleu o éuscaro tamén un aspirante e 41, o catalán, mentres que o resto optou polo castelán.

    Fonte: Nós Diario

    10 de xuño de 2021

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordena que o alumnado poida elixir a lingua na que prefire realizar os exames de selectividade. Poderá escoller entre o catalán, o castelán ou o aranés.

    Fonte: El País

    10 de xuño de 2021

    A lei establece que polo menos un 50 % das clases se impartirá en catalán para garantir que, ao acabar o período do ensino obrigatorio, o alumnado teña adquirido competencias fluídas nesta lingua e en castelán, ademais dunha terceira lingua estranxeira. O obxectivo é que as dúas linguas oficiais se empreguen na ensinanza para asegurar o proceso de normalización lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    09 de xuño de 2021

    O Goberno de Taiwán recoñece 16 tribos indíxenas e as súas 16 linguas orixinarias. Malia esta protección legal, unha boa parte das comunidades están inmersas nunha loita contra o reloxo por salvar os seus modos de expresión ancestrais da extinción.

    Fonte: The Guardian

    09 de xuño de 2021

    Varios cursos de portugués como lingua estranxeira que teñen lugar en Luxemburgo co apoio do Ministerio de Educación teñen cada vez máis persoas interesadas en aprenderen a lingua de Camões. Entre o alumnado hai persoas de fóra de Luxemburgo e tamén un bo número de luxemburgueses.

    Fonte: Contacto

    09 de xuño de 2021

    A universidade incrementou os créditos en éuscaro do 27,5 % ao 60 % para o curso 2021-2022 no Grao en Traballo Social e segue traballando no seu obxectivo de ofrecer nun futuro a titulación completa nesta lingua.

    Fonte: 20 minutos

    09 de xuño de 2021

    O importe total das subvencións para incrementar o uso do éuscaro é dun millón de euros e vai dirixido á prensa diaria, ás edicións dixitais e ás emisoras de radio que utilizan principalmente o castelán.

    Fonte: Segres

    09 de xuño de 2021

    Esta comunidade virtual conta no seu perfil en Spotify con tres listas de música en galego de diferentes estilos musicais: unha con 140 cancións para público infantil, outra con máis de 500 cancións de todos os estilos e unha terceira con máis de 100 panxoliñas de Nadal.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de xuño de 2021

    Un estudo elaborado na Universidade de Zürich alerta que a perda de diversidade lingüística no mundo está pondo en risco o coñecemento ancestral relacionado co uso das plantas medicinais.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder