Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2021

    O pasado 5 de xuño celebrouse en Pontevedra o acto de entrega da segunda edición dos II Premios Mil Primaveras, uns galardóns que teñen como obxectivo a difusión e a posta en valor de proxectos de fomento do galego que, pola súa calidade, poidan servir de modelo e inspiración.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de xuño de 2021

    A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no seu delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou no acto de homenaxe ao sacerdote, latinista e poeta chairego Xosé Crecente Vega.

    05 de xuño de 2021

    As autoridades chinesas están pechando escolas privadas de lingua tibetana na provincia de Sichuan co pretexto de uniformar o uso dos libros de texto e outros materiais didácticos. O alumnado destas escolas acabará en centros públicos onde a lingua de instrución é o chinés.

    Fonte: Radio Free Asia

    04 de xuño de 2021

    O ente responsable dos asuntos policiais de Gales e Inglaterra, College of Policing, aprobou a súa primeira estratexia sobre a lingua galesa. O seu principal obxectivo é promocionar o uso do galés e apoiar os falantes de galés tanto dentro como fóra do corpo policial.

    Fonte: North Wales Pioneer

    04 de xuño de 2021

    O municipio de Monsenhor Tabosa, no estado brasileiro do Ceará, recoñeceu a lingua nativa tupi-nheengatu como idioma cooficial xunto ao portugués.

    Fonte: Ceará Governo do Estado

    04 de xuño de 2021

    Algunhas das principais asociacións de persoas xordas de Portugal revelaron que unha parte delas, sobre todo as persoas de máis idade, teñen dificultade para entender as interpretacións nesta lingua que aparecen na televisión.

    Fonte: Correio da Manhã

    04 de xuño de 2021

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, convocadas o pasado mes de decembro e da que foron beneficiarios máis de 800 centros.

    04 de xuño de 2021

    Aínda que se rexistrou unha caída no número de preinscricións, debido ao descenso da natalidade que houbo en Navarra no ano 2018, o 76 % do alumnado escolle o modelo D de ensino en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    04 de xuño de 2021

    A Dirección Xeral de Política Lingüística publica en liña os itinerarios emblemáticos para a configuración do catalán e os lugares onde se fala esta lingua. A información vai dirixida a todas as persoas que queiran coñecer mellor o idioma no seu contexto territorial ou as que se atopen estudándoo e ás entidades que promoven o seu uso.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de xuño de 2021

    Chus Pato participará na inauguración do Festival de Poesía de Berlín, e grazas aos seus poemas o galego será a única lingua do Estado español que se oirá na apertura do evento, que ten como tema central a diversidade lingüística de Europa.

    Fonte: Real Academia Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder