Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de maio de 2021

    Milleiros de persoas manifestáronse en diferentes marchas por toda Francia para demandar o ensino en inmersión naquelas rexións que contan con linguas vernáculas. As manifestacións protestaban fundamentalmente contra a decisión do Consello Constitucional de prohibir o modelo de inmersión no ensino.

    Fonte: France Bleu

    31 de maio de 2021

    Francesc Gamero, secretario autonómico de Facenda, afirma que haberá un maior uso do valenciano ao ser o idioma predeterminado que aparecerá nos dispositivos. Esta medida nace do obxectivo de impulsar e facilitar o uso desta lingua no ámbito informático, nunha sociedade cada vez máis estruturada arredor das TIC.

    Fonte: El Periòdic

    31 de maio de 2021

    A EITB e Euskaltel presentan Euskalteka, o novo servizo integrado na televisión que ten como obxectivo promover os contidos audiovisuais creados en éuscaro e a cultura do País Vasco. A plataforma inclúe máis de 300 horas de programas de éxito da EITB de distintos xéneros e para todos os públicos.

    Fonte: Cine y Tele

     

    31 de maio de 2021

    A Xunta de Galicia destinará un investimento de 140 000 euros a renovar os seus convenios de colaboración con universidades do resto de España, Italia e Portugal para promover ata 2024 a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico.

    29 de maio de 2021

    O Parlamento de Noruega aprobou unha lei que oficializa as denominacións de Noruega en tres variedades da lingua saami e na lingua kven.

    Fonte: The Barents Observer

    29 de maio de 2021

    O secretario de Estado de Irlanda do Norte, Rt Hon Brandon Lewis, informou de que o Goberno do Reino Unido investirá en Irlanda do Norte dous millóns de libras na produción de contidos audiovisuais en gaélico irlandés e scots do Úlster.

    Fonte: Gov.uk

     

    28 de maio de 2021

    O Senado do Brasil aprobou un proxecto de lei que cualifica a educación bilingüe de persoas xordas como unha modalidade de ensino independente.

    Fonte: Senado Notícias

    28 de maio de 2021

    O Departamento de Relacións Cidadás pídelle ao Goberno central que os documentos oficiais, como o DNI e o carné de conducir, se poidan facer en éuscaro e en castelán na comunidade.

    Fonte: SER

    28 de maio de 2021

    O presidente de Francia, Emmanuel Macron, posicionouse a favor da inmersión en linguas rexionais francesas e convidou o goberno a buscar métodos que garantan a súa transmisión.

    Fonte: The Local

    28 de maio de 2021

    A Deputación de Valencia colaborou na edición do manual da Plataforma pola Lingua sobre vocabulario en valenciano para o sector dos comerciantes de orixe chinesa, co obxectivo de contribuír á súa integración social. Inclúe recursos para mellorar o nivel de coñecemento desta lingua con vocabulario comercial para restaurantes, bares e cafeterías, así como expresións frecuentes, formas de saudar e relacionarse.

    Fonte: SER

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder