O I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible naceu coa intención de divulgar nesta lingua as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria. Nesta primeira edición o vídeo gañador foi o titulado ‘Obtención de hidróxeno mediante a electrólise da auga’.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O colexio CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, de Redondela, recibiu o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 na modalidade de educación infantil e primaria convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade arredor da figura, vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega.
As persoas que residan na cidade inglesa de Manchester e arredores poden anotarse de balde a un curso de lingua de signos de seis semanas como parte de Signs4Life, unha iniciativa para a mellora da comunicación coa comunidade de persoas xordas ou con dificultades de audición.
Fonte: In your area
Un grupo de activistas mobilizouse diante do edificio da Asemblea de Irlanda do Norte en Stormont para demandar que o executivo aprobe a lexislación prometida que garanta servizos en gaélico irlandés.
Fonte: RTÉ
A empresa de telecomunicacións Media Capital asinou un acordo coa CNN para a creación da CNN Portugal, unha nova canle de contidos en portugués.
Fonte: Portal Alta Definição
Este 2021 o Concello de Pontevedra volve organizar o Galegote Rock no marco do cal se celebrarán quince concertos durante os días 28, 29 e 30 de maio. O obxectivo deste festival é crear espazos de uso para o galego no ámbito do lecer.
Fonte: Concello de Pontevedra
O acceso ao buscador faise desde a páxina da Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo e inclúe a toponimia oficial aprobada ata agora e un catálogo de todas as obras literarias publicadas en asturiano e galego-asturiano nas últimas catro décadas.
Fonte: La Voz de Asturias
O proxecto Lingua Viva, coordinado pola profesora Elisa Fernández Rey, permitirá recoller o patrimonio lingüístico nun espazo que reúna as doazóns lingüísticas dos falantes do galego vivo, dende audios ou vídeos ata conversas de WhatsApp. Esta plataforma en liña contará co apoio do programa de micromecenado da USC Sumo Valor.
A Deputación de León organiza un concurso literario en leonés, que levará o nome de Caitano Bardón, e apoia o concurso literario en galego Morales, xa existente. Coa convocatoria búscase traballar pola protección das linguas minoritarias que se falan na comunidade, de acordo co Estatuto de autonomía de Castela e León.
Fonte: El Bierzo Digital
O Instituto Camões anunciou que Afonso Reis Cabral, Isabela Figueiredo, Patrícia Portela e José Luís Peixoto participarán na iniciativa "Portugal Le: um ollar sobre o país convidado 2022", con motivo da Feira do Libro de Leipzig adiada para 2022 por causa da pandemia da covid-19.
Fonte: Porto Canal
Boletín
Subscríbase ao boletín



