A Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) impulsan o proxecto “Os Bolechas. A lingua de signos”, que fai posible que a poboación infantil xorda poida gozar coas aventuras e as aprendizaxes dos irmáns animados máis coñecidos pola cativada galega.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As autoridades locais de Gwynedd, no norte do País de Gales, prohibiron a construción dun conxunto de vivendas porque poderían supor un atranco para a supervivencia do galés na zona.
Fonte: Metro
O Arquivo Histórico Diocesano de Rávena (Emilia- Romaña) acolle unha exposición que mostra a lírica máis antiga escrita en lingua italiana. Trátase dun pergamiño do século XII.
Fonte: Ravenna Today
No seu último informe sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, o Consello de Europa afirma que é necesario incluír o leonés na educación, xa que se atopa nunha situación vulnerable debido á falta de promoción desta lingua por parte das institucións correspondentes.
Fonte: Zamora News
Os talleres están formados por dous cursos en catalán de 40 horas e céntranse en alfabetización, comunicación oral e coñecementos básicos desta lingua. Tamén se realizarán actividades para que o alumnado coñeza mellor a realidade social e cultural que o rodea e facilitar a súa integración.
Fonte: Govern Illes Balears
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada lingüística-cultural organizada polo IES Arcebispo Xelmírez II con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
No marco da campaña "Entendo, logo diagnostico. Técnico&popular", publicouse unha serie de dezaoito imaxes nas que se recollen expresións populares en galego sobre síntomas e doenzas cos seus respectivos termos técnicos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Co gallo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación PuntoGal publicou unha serie de 17 guías para usar a rede e as principais ferramentas ofimáticas en galego.
Fonte: Dominio PuntoGal
A través de máis de 50 documentos e seis paneis explicativos, percorre a traxectoria persoal e profesional da autora homenaxeada. Inaugurada polo secretario xeral de Cultura, a exposición poderá visitarse ata finais de agosto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O representante da Consellería de Cultura pon en valor o traballo da Fundación Eduardo Pondal para manter viva esta cita mesmo durante a pandemia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín





