A BBC lanzou Esgusodwch fi?, o primeiro podcast en lingua galesa sobre temas relacionados coa comunidade LGTB (lesbianas, gais, transexuais/transxénero e bisexuais).
Fonte: Wales Online
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A BBC lanzou Esgusodwch fi?, o primeiro podcast en lingua galesa sobre temas relacionados coa comunidade LGTB (lesbianas, gais, transexuais/transxénero e bisexuais).
Fonte: Wales Online
Un ano máis, o RC Celta participa activamente na celebración do Día das Letras Galegas a través dunha serie de accións que achegan fútbol e literatura, ademais de darlle visibilidade á lingua dando a coñecer vocabulario en galego vinculado con este deporte.
Fonte: Mundo Deportivo
O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do novo material didáctico deste proxecto de innovación educativa específico para a infancia usuaria das aulas hospitalarias de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A imaxe de Xela Arias viaxa xa nos 11 trens de alta velocidade dos corredores A Coruña-Vigo e A Coruña-Ourense. Tamén loce nos carteis conmemorativos que exhiben as principais estacións de Galicia durante o mes das Letras Galegas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentaron a nova campaña na cidade herculina.
O estudo, levado a cabo pola Sociedade Catalá do Dicionario Enciclopédico de Medicina e a Fundación Dr. Antoni Esteve, coa colaboración do Departamento de Cultura e do Departamento de Saúde, afirma que o 65 % do persoal médico e de enfermería utiliza o catalán de maneira habitual cos pacientes e que os profesionais máis novos utilizan máis o castelán no día a día e nos documentos médicos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Internet, Elhuyar e a Fundación PuntuEUS aproveitan a intelixencia artificial para reforzar a presenza do éuscaro na rede a través da creación de ferramentas para traducir páxinas web a esta lingua.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Discurso do presidente da Xunta de Galicia, Albero Núñéz Feijóo, no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2021, celebrado en Vigo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Miles de persoas, convocadas pola plataforma Queremos Galego, acudiron á praza do Obradoiro de Santiago o 17 de maio para reivindicar o uso do galego e criticar a política lingüística da Xunta.
Fonte: Faro de Vigo
Un informe elaborado pola plataforma de aprendizaxe de linguas Busuu revelou que o gaélico irlandés é a duodécima lingua máis ameazada de Europa e podería desaparecer no próximo século.
Fonte: Irish Central
Subscríbase ao boletín