A publicación do manual Aprenem aranès des del català ofrece un primeiro contacto de nivel básico co aranés para coñecer, escoitar e comezar a practicar esta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A publicación do manual Aprenem aranès des del català ofrece un primeiro contacto de nivel básico co aranés para coñecer, escoitar e comezar a practicar esta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Plataforma pola Lingua espera que a estrea da versión catalá do filme La família Mitchell contra les màquines no catálogo de Netflix sirva de exemplo para ampliar a oferta de obras audiovisuais en catalán.
Fonte: La Vanguardia
A Xunta de Galicia, representada na súa delegada territorial, Marta Fernández-Tapias Núñez, e no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu no Eroski Center de García Barbón, en Vigo, a campaña conmemorativa das Letras Galegas impulsada por Vegalsa-Eroski e apoiada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021.
A Biblioteca da Xunta na Coruña Miguel González Garcés rende homenaxe a Emilia Pardo Bazán a través dun itinerario literario polas súas instalacións que inclúe un percorrido pola nova exposición “O reto dunha feminista da súa época: 1851-1921”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A conmemoración do Día das Letras Asturianas está cada vez máis presente nos medios de comunicación e nas redes sociais, onde se poden ler continuas referencias a esta xornada.
Fonte: Asturies.com
No seu anuario de 2020 sobre o estado da educación en Cataluña, a Fundación Bofill destaca a achega do sistema educativo ao catalán ao longo dos anos, que repercute nun maior coñecemento da lingua por parte da xuventude, incluíndo a de orixe inmigrante.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Varias institucións relacionadas coa promoción da lingua e cultura friulanas entre as que se atopa a Axencia Rexional para a Lingua Friulana (ARLeF) presentaron a 42 edición do Premio Literario en Lingua Friulana San Simon.
Fonte: Il Friuli
A empresa de tecnoloxía letoa Tilde e a axencia de tradución estoniana Avatar presentaron o tradutor automático EastLat, a primeira ferramenta de tradución asistida por computador entre o letón e o estoniano.
Fonte: BNN
A iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística co obxectivo de reforzar a programación infantil e xuvenil en galego, logrou o apoio dos tres grupos da Cámara para instar a CRTVG a que incremente a oferta televisiva destinada a estas franxas de idade.
Fonte: GaliciaPress
Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, participaron na inauguración da mostra Tigres coma cabalos no Museo do Mar de Galicia, coa que a Xunta recupera 30 anos despois o carácter transgresor da obra de Xela Arias.
Subscríbase ao boletín