Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de maio de 2021

    O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reunión da Comisión de Toponimia de Galicia, na que se acordou manter a oficialidade do topónimo galego Ría de Ribadeo, despois de que o Principado de Asturias trasladase ao Goberno central unha petición para oficializar o nome Ría do Eo.

    06 de maio de 2021

    A liña de axudas dirixida aos comercios da cidade nace como unha iniciativa da Área de Xestión de Recursos do Concello, que contará coa xerencia do Gabinete de Normalización Lingüística. O seu obxectivo é valorar e impulsar o valenciano como lingua de uso habitual nos establecementos comerciais que atenden directamente ao público.

    Fonte: 20 minutos

    06 de maio de 2021

    O club conta cun plan para a mellora da súa xestión lingüística e comprométese a traballar pola normalización lingüística a través do uso do éuscaro en todas as súas actividades.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    06 de maio de 2021

    A exposición transmedia ‘Cantámola en galego’ amosa o panorama musical dos últimos 20 anos da man de bandas ou solistas que fan música en galego de diferentes estilos. Trátase dun total de 14 paneis con listaxes de reprodución en Spotify, listaxes de vídeos en YouTube e unha unidade didáctica.

    05 de maio de 2021

    O Concello do Porriño organiza o programa A xuventude coas Letras Galegas 2021 na praza do Cristo, unha iniciativa coa que busca fomentar o uso do galego entre a xente nova dun xeito atractivo e mediante actividades baseadas na cultura urbana, como o rap.

    05 de maio de 2021

    Galicia retoma, tras un ano de pandemia, un dos eventos máis populares da programación institucional das Letras Galegas impulsada pola Xunta, a VII Carreira Camiño das Letras.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de maio de 2021

    A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, fixa as datas de realización das probas de acreditación do Celga da primeira convocatoria do ano 2021 para os días 22, 23 e 29 de maio (Celga 4), 30 de maio (Celga 2), 5 e 6 de xuño (Celga 3) e 12 de xuño (Celga 1), nas localidades nas que vén sendo habitual, Santiago de Compostela e Ponferrada.

    05 de maio de 2021

    O Ministerio de Emigración de Exipto presentou, en colaboración co Ministerio de Educación, unha aplicación móbil que permitirá que as persoas de nacionalidade exipcia e os seus fillos que vivan no estranxeiro poidan aprender árabe e achegarse á cultura exipcia.

    Fonte: Daily News Egypt

    05 de maio de 2021

    Grazas ao compromiso dun grupo de pais e nais, a localidade vascofrancesa de Bardos (Bardoze en éuscaro) terá unha escola infantil de inmersión en éuscaro a partir do próximo curso.

    Fonte: Mediabask

    05 de maio de 2021

    Coa creación da nova colección de filosofía contemporánea, a editorial busca abrir as portas do mundo do pensamento ao público lector non especializado e aumentar o número de publicacións filosóficas en catalán.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder