Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de maio de 2021

    A segunda convocatoria do premio contará co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística e coa colaboración de Norma Editorial. O seu obxectivo é fomentar a presenza do catalán no xénero da banda deseñada adulta de non ficción e na novela gráfica.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de maio de 2021

    Biarritz converteuse na primeira localidade do País Vasco francés que expedirá os libros de familia en versión bilingüe francés-éuscaro.

    Fonte: Mediabask

    04 de maio de 2021

    O director do Instituto Portugués de Oriente (IPOR) declarou con motivo do Día Mundial da Lingua Portuguesa que Macau está facendo un investimento moi importante na promoción e ensino da lingua portuguesa.

    Fonte: RTP

    04 de maio de 2021

    O alcalde de La Puebla de Arganzón, Pablo Ortiz de Latiorro, explicou que o novo plan se realizará de acordo coa vontade de seguir promovendo o coñecemento e o uso do éuscaro.

    Fonte: El Correo

    04 de maio de 2021

    A Deputación de Ourense aprobou as bases dunha nova edición do Premio Blanco Amor de novela longa, dotado con 15 000 euros. As obras que se presenten deben ser inéditas e estar escritas en galego.

    Fonte: Ourense Dixital

    04 de maio de 2021

    O Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Valencia publica unha recompilación de listas musicais en valenciano para fomentar o uso desta lingua en toda a cidade. O proxecto ten o nome de ‘Música, València!” e realízase por xéneros musicais, momentos e temáticas.

    Fonte: Gente Digital

    04 de maio de 2021

    A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pechou o acto de presentación do cómic Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel, de Fausto Isorna, nun acto que tivo lugar na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela e no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    03 de maio de 2021

    O Espazo Xove da Xunta en Ourense acolle a exposición “Aquela meniña de Sarria”, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    03 de maio de 2021

    O Concello subvenciona as iniciativas da asociación Tinko, para a programación de películas dobradas en éuscaro, e da entidade Bai Euskarari, para fomentar esta lingua na área laboral.

    Fonte: Diario de Noticias de Álava

    03 de maio de 2021

    O Consello Interuniversitario de Cataluña (CIC) aproba a proposta da Comisión de Política Lingüística que asegura o uso do catalán na actividade académica por parte do alumnado e do profesorado.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder