Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de abril de 2021

    O certame literario Letras para Asubiar conta con dúas modalidades, relato curto e poesía. Os textos deberán ser inéditos, estar escritos en galego e ter unha extensión máxima de 1000 palabras.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de abril de 2021

    A Real Academia Galega deu a coñecer os resultados da avaliación da competencia bilingüe en galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. Neste estudo conclúese que existe un acusado desequilibrio en detrimento do galego, dado que mentres que o alumnado galegofalante amosa un dominio similar nos dous idiomas, máis dun 35% do castelanfalante demostra escasa competencia en galego.

    28 de abril de 2021

    A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición Aquela nena de Sarria, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    27 de abril de 2021

    Un estudo realizado a 50 000 nenos e nenas en escolas de toda Inglaterra revelou que os confinamentos do último ano poden ter un impacto moi negativo no desenvolvemento lingüístico do alumando infantil. 

    Fonte: BBC

    27 de abril de 2021

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que o executivo luso segue a apostar por que o portugués se converta en lingua oficial da ONU mais recoñeceu que aínda resta bastante camiño para conseguir este obxectivo.

    Fonte: SAPO 24

    27 de abril de 2021

    Os Chardins de Shalimar é o nome do primeiro disco publicado en aragonés. Para Krevi Solenco, o seu autor, trátase dun medio de expresión para reivindicar esta lingua e para falar de cuestións sociais.

    Fonte: elDiario.es

    27 de abril de 2021

    A academia crea unha aplicación para resolver en liña as dúbidas con respecto ao uso do valenciano. Gramàtiques Normatives Valencianes, abreviada como Gramàtic-On, pretende ser unha ferramenta básica para preparar un exame ou redactar algún escrito nesta lingua.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    27 de abril de 2021

    Anabel Antela, estudante da Universidade de Vigo, é a autora A lingua galega no sector téxtil, un libro que recolle o estudo que realizou como traballo de fin de grao na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

    Fonte: Faro de Vigo

    27 de abril de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) para dar a coñecer o segundo volume da obra Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación, do profesor, escritor e filósofo Marcelino Agís.

    26 de abril de 2021

    O filme dinamarqués Druk (coñecido polo seu título en inglés Another Round) recibiu o Óscar á mellor produción en lingua estranxeira con motivo da 93 edición dos Premios da Academia de Hollywood.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder