O obxectivo do programa é estender o uso do catalán na Administración de Xustiza, é dicir, fomentar a presentación dos escritos e solicitarlle ao xulgado que a documentación se notifique nesta lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a Xornada das Letras Galegas. Xela Arias, dirixida a achegar a figura, vida e obra da autora anfitrioa deste 17 de maio ao profesorado encargado de divulgalas entre o resto da comunidade educativa, nomeadamente, o da materia de lingua galega e literatura.
A plataforma Queremos Galego convocou unha concentración na praza do Obradoiro con motivo da celebración do Día das Letras Galegas para reclamar o dereito a vivir con normalidade en galego no día a día.
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, unha das obras máis célebres de Pablo Neruda, que xa se pode ler en idioma galego grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e Medulia Editorial.
A Real Academia Galega participou nun encontro en liña de lexicografía no que interviñeron academias de linguas de orixe latina organizado pola Academia Brasileira de Letras. Ademais, foi a única institución representante dunha lingua minorizada presente no encontro.
O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española puxo a disposición da cidadanía este corpus que inclúe unha gran cantidade de textos signados que pretende servir de base para a investigación ou a formación.
Fonte: Servimedia
O Goberno de Aragón presentou a aplicación LiteARAtura que ten como obxectivo difundir a literatura en lingua aragonesa, desde as primeiras mostras da Idade Media ata o momento actual.
Fonte: Heraldo
Lingua de namorar, o certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade que promove a Xunta de Galicia por medio das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, fai pública a relación de participantes premiados na décima edición do certame, que viu ampliadas as súas categorías habituais de premios cunha nova exclusiva do Instagram (IG) na que se deu unha importante participación, sobre todo na fase das votacións, baixo o cancelo #NamorarEnPandemia.
A Comisión Interministerial Permanente de Marrocos aprobou un plan gobernamental para implementar no país o carácter oficial do tamazight ou bérber.
Fonte: Morocco World News
O deputado socialista por Madeira, Olavo Câmara, pediu na Asemblea da República maior investimento na divulgación da lingua portuguesa na diáspora co fin de preparar as persoas migrantes para un eventual regreso a Portugal.
Fonte: O Jornal Económico
Boletín
Subscríbase ao boletín



