O Goberno de Malta decretou o peche de todas as escolas de ensino da lingua inglesa a partir do 14 de xullo a causa do incremento de casos de covid-19. Esta medida podería ocasionar perdas económicas de até 40 millóns de euros.
Fonte: The Pie News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Malta decretou o peche de todas as escolas de ensino da lingua inglesa a partir do 14 de xullo a causa do incremento de casos de covid-19. Esta medida podería ocasionar perdas económicas de até 40 millóns de euros.
Fonte: The Pie News
Cento vinte e cinco centros educativos de toda Galicia participaron na última edición do concurso "Contádenos o voso Día das Letras", convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto Primavera das Letras.
Fonte: Real Academia Galega
Un relatorio mostra que o RTP2, o segundo canle da RTP (Radio e Televisión de Portugal), volve incumprir por cuarto ano consecutivo as cotas de programación en lingua portuguesa.
Fonte: Público
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición de pintura, debuxo e cerámica Camiño Longo, do pontevedrés Xosé Luís Seara. No acto, que incluíu unha visita guiada, interviñeron tamén Tino Cordal, concelleiro de Cultura de Cambados, e o propio artista.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Culturgal presentou un avance das principais liñas arredor das que desenvolverá a súa edición de 2021, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e para a que volverá contar co apoio económico da Xunta de Galicia como principal entidade patrocinadora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Durante as actividades programadas pola Universidade de Zaragoza no seu campus de verán de Xaca entre o 14 e o 16 de xullo, varios especialistas revisarán a historia e a realidade actual da literatura aragonesa escrita en aragonés e catalán. Tamén se analizarán as interaccións entre estas dúas linguas e o castelán en distintos territorios.
Fonte: AraInfo
O programa do consorcio busca facilitar o uso do catalán na atención ao público do comercio local e garantir que as persoas con pouco coñecemento desta lingua que traballen nos establecementos comerciais teñan acceso á súa aprendizaxe.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Dous xornalistas da BBC, Joy Dunlop e Calum Maclean, crean a iniciativa SpeakGaelic, unha nova ferramenta que promoverá o uso e a aprendizaxe da lingua gaélica en Escocia.
Fonte: Forres Gazette
A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli) seleccionou 17 títulos en galego do seu catálogo anual de literatura e banda deseñada.
Fonte: Cultura galega
A Primeira Nación Wolastoqey da provincia canadense de Novo Brunswick recupera a denominación indíxena do río Saint-Jean que pasará a chamarse Wolastoq.
Fonte: Radio-Canada
Subscríbase ao boletín