Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xullo de 2021

    O programa de promoción do uso do galego promovido pola Xunta “21 días co galego e +” contou coa participación de máis de 9000 alumnos de 24 centros educativos nos tres cursos nos que leva implantado no sistema educativo galego, demostrando así o compromiso do Goberno autonómico cun modelo lingüístico que garante a competencia e o uso da lingua galega en todos os ámbitos e desde a xeracións máis novas.

    07 de xullo de 2021

    Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático no Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, é o gañador do IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago.  

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    07 de xullo de 2021

    Un gran número de comercios e postos dos mercados municipais participan na campaña que ten como obxectivo promover o valenciano como a lingua de comunicación nos establecementos comerciais de Valencia. “Digues Bon Dia” anima as persoas que se expresan nesta lingua a comunicarse tamén en valenciano coa xente descoñecida no mundo do comercio.

    Fonte: 20 Minutos

    07 de xullo de 2021

    O Departamento de Éuscaro do Concello de Ordizia destina 20 000 euros para impulsar a aprendizaxe desta lingua e o seu uso en diferentes ámbitos da vida cotiá, como o socioeconómico, o ocio ou o deporte.

    Fonte: Diario Vasco

    07 de xullo de 2021

    A Xunta de Galicia colabora cos Resentidos no regreso aos escenarios da ecléctica banda de rock galego case 30 anos despois. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do primeiro concerto da xira Operación Nautilus, que acolle o sábado, 10 de xullo, a praza do Curro de Portosín.

    07 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da exposición “Carvalho Calero. Mostra Bibliográfica”, que se celebrou na sede de Afundación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de xullo de 2021

    Un estudo elaborado polo British Council e o Instituto de Pesquisa Data Popular revelou que o 95 % da cidadanía brasileira non fala con fluidez a lingua inglesa.

    Fonte: Costa Norte

    06 de xullo de 2021

    Centos de persoas manifestáronse na localidade vascofrancesa de Saint-Jean-de-Luz para denunciar a agresión a un falante de éuscaro.

    Fonte: Franceinfo

     

    06 de xullo de 2021

    O Goberno do País de Gales financiará con máis dun millón de libras un programa que permitirá a expansión da inmersión lingüística en galés no municipio de Gwynedd. 

    Fonte: Nation Cymru

    06 de xullo de 2021

    A Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura comunica que estas axudas se distribuirán entre concellos, persoas físicas e asociacións sen ánimo de lucro que levaron a cabo actuacións para fomentar o uso do catalán.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder