No marco do seu programa de estudos indíxenas, a Universidade de Alasca en Anchorage ofrecerá cursos da lingua unangam tunuu, falada polo pobo unangax̂ de Alasca.
Fonte: Alaska Public Media
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
No marco do seu programa de estudos indíxenas, a Universidade de Alasca en Anchorage ofrecerá cursos da lingua unangam tunuu, falada polo pobo unangax̂ de Alasca.
Fonte: Alaska Public Media
O 31 de xullo é a data marcada para a reapertura do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que sufriu un violento incendio en 2015.
Fonte: Público
A Secretaría de Cultura do Goberno de México, a través do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), en coordinación co Centro para o Desenvolvemento Social e Cultural Chinanteco, realizaron unha reunión para desenvolver estratexias de promoción e protección da lingua juu jmií (chinanteco) falada no estado de Oaxaca.
Fonte: Vértigo Político
O Termcat actualiza o dicionario en liña coa incorporación de novos termos do ámbito das doenzas minoritarias, da atención á saúde mental e das adiccións, da medicina nuclear, das alerxias e da covid-19.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Ministerio de Política Territorial e Función Pública solicítalles ás comunidades autónomas que designen un membro do seu persoal para impulsar o cumprimento das obrigacións en materia de linguas, como a tradución de documentos, o acceso ás páxinas web nas linguas oficiais ou a atención á cidadanía.
Fonte: Galicia Confidencial
O vídeo vencedor da novena edición do certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’, que organiza a Universidade de Santiago, foi titulado A primeira programadora, dedicado á figura da matemática Ada Lovelace. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o uso do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
O Concello de Vigo organiza unha nova edición do programa “No verán... un conto”, unha iniciativa dirixida ao público infantil e familiar para fomentar o uso do galego no ámbito do lecer.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora de Relacións Externas de Fundación Repsol, Pilar Núñez, asinaron o convenio para formalizar a convocatoria da décimo quinta edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Durante o acto estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro.
Esta resolución administrativa contén a relación de proxectos seleccionados con carácter definitivo (que eran provisionais na primeira resolución publicada); a relación de proxectos (da primeira resolución) que causan baixa definitiva; o requirimento colectivo ás persoas titulares da lista da agarda con puntuación suficiente para cubrir as baixas definitivas; a corrección de erros de datos identificativos; e a lista de agarda actualizada.
Plataforma per la Llengua reclamou a través das súas redes sociais que se use o catalán na megafonía do transporte público da área metropolitana de Barcelona, xa que considera que se vulneran os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: El Independiente
Subscríbase ao boletín