Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xullo de 2021

    Ao considerar que a presenza do éuscaro é aínda moi escasa na sociedade, o goberno levará a cabo un estudo durante os próximos seis meses co obxectivo de revisar os investimentos e as accións impulsadas polas deputacións vascas para o fomento desta lingua.

    Fonte: El Independiente

    06 de xullo de 2021

    O Pleno da Real Academia Galega acordou renderlle homenaxe o ano que vén a Florencio Delgado Gurriarán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora.

    Fonte: Real Academia Galega

    06 de xullo de 2021

    O concurso de relato oral "Tíralle da lingua", dirixido ao alumnado e ao profesorado dos distintos niveis educativos, ten como obxectivo promover e normalizar o uso oral do galego. Os participantes poderán contar nesta lingua historias de base popular, de base literaria ou de creación propia.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de xullo de 2021

    A Autoridade Unitaria de Carmarthenshire, no sur de Gales, quere aprobar un plan estratéxico que garantirá que todo o alumnado remate o sistema educativo obrigatorio falando con fluidez tanto o galés como o inglés.

    Fonte: South Wales Guardian

    05 de xullo de 2021

    Desde que o Goberno de Israel introduciu o chinés no currículo nacional como materia optativa en 2009, a aprendizaxe desta lingua non deixou de medrar en todo o país.

    Fonte: Xinhua Net

    05 de xullo de 2021

    A conselleira de Cultura da Generalitat, Natàlia Garriga, impulsará unha lei de dereitos culturais e un pacto nacional pola lingua a través de recursos que aseguren o dereito á creación cultural e o futuro do catalán.

    Fonte: Segre

    05 de xullo de 2021

    A conselleira de Relacións Cidadáns trasladoulle ao secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública a súa disposición para colaborar na aplicación das recomendacións da Carta Europea das Linguas Rexionais co obxectivo de mellorar a atención á cidadanía en éuscaro.

    Fonte: Goberno de Navarra

    05 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a profesora, investigadora e escritora Beatriz G. Turnes no acto de presentación do libro Esta noite hei de ir a verte, a terceira novela destinada ao público xuvenil que dá ao prelo a autora compostelá baixo o selo Costa Oeste da Editorial Galaxia.

    05 de xullo de 2021

    O Pazo de San Roque acolleu a entrega de premios da X edición de Lingua de Namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor que busca dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de xullo de 2021

    O programa "Go Cornish" avoga pola introdución do ensino da lingua córnica en todas as escolas de primaria de Cornualles.

    Fonte: Cornwall Live

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder