Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xuño de 2021

    O Instituto Ramon Muntaner convoca a VIII Bolsa Joan Veny cuxo importe é de 6000 euros e que se concede a proxectos que estuden calquera aspecto relacionado coa variación lingüística do catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de xuño de 2021

    A Real Academia Galega e PuntoGal entregaron os premios do IV Concurso de microrrelatos, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a presenza da lingua galega en internet. Os nove contos gañadores, pertencentes a tres categorías (infantil, xuvenil e adultos), poden lerse nunha publicación dixital.

    28 de xuño de 2021

    Profesorado de lingua española do estado de São Paulo pode inscribirse nos cursos gratuítos de español ofrecidos pola Embaixada de España no Brasil en colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e a Universidade de Salamanca.

    Fonte: Governo do Estado de São Paulo

    28 de xuño de 2021

    A Universidade de Glasgow organiza un simposio e reúne profesionais da lingua portuguesa para debater cuestións relacionadas coas variedades do portugués no contexto da descolonización.

    Fonte: RFI

    28 de xuño de 2021

    A Xunta destinará un investimento de arredor de 65 000 euros á promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas na Universidade de Oxford ata 2024 a través da docencia e a investigación, así como de cursos, conferencias ou outro tipo de eventos.

    Fonte: Crónicas de la Emigración

    28 de xuño de 2021

    O Concello de Irún presentou un recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco contra a sentenza que consideraba discriminatoria a obrigatoriedade de saber éuscaro para optar a unha praza na Policía Local.

    Fonte: El Diario

    28 de xuño de 2021

    Varias institucións políticas e académicas levan traballando os últimos tres anos no proxecto transfronteirizo Linguatec, unha cooperación que porá ao servizo do éuscaro, o aragonés e o occitano os últimos avances en intelixencia artificial.

    25 de xuño de 2021

    O partido laborista recomenda que o Goberno de Escocia siga o exemplo das políticas lingüísticas do País de Gales para salvar a lingua gaélica da extinción.

    Fonte: Nation Cymru

    25 de xuño de 2021

    Co fin de demandar o dereito a realizaren as probas oficiais de bacharelato en éuscaro, 40 alumnas e alumnos dun instituto de Baiona (Iparralde) redactaron o seu exame final de filosofía nesta lingua.

    Fonte: Mediabask

    25 de xuño de 2021

    Nunha entrevista para as Nacións Unidas, o presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, declarou que a acción dos falantes novos serán os que garantan o crecemento da lingua portuguesa.

    Fonte: Centro Regional de Informação para a Europa Ocidental

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder