A música galega e en galego é a protagonista do ciclo Acento, que a Fundación SGAE desenvolveu en Santiago o 20 e 21 de xuño coas actuacións de Pauliña, Tanxugueiras e Grande Amore. A Xunta de Galicia apoia economicamente a primeira edición deste encontro, que reivindica o uso do galego como lingua de expresión artística, ao tempo que conmemora o Día Europeo da Música.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Xa está activo o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cabanas que realizará labores de asesoramento interno e externo sobre o uso do galego, así como tarefas de dinamización lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
Dado que a transmisión familiar é un dos pasos máis importantes no proceso de revitalización do éuscaro, a Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco ofrece este curso para analizar as condutas de cada tipo de familia na transmisión desta lingua.
Fonte: Deia
A Deputación e a asociación empresarial SEA Empresas Alavesas colaboran na coordinación do Programa Lanabes, que ten o obxectivo de promover o uso do éuscaro no ámbito empresarial e ao que se unen cada vez máis entidades.
Fonte: Noticias de Álava
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro telemático con representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para a súa inclusión na Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Tres agrupacións a prol do gaélico escocés e da inmersión educativa nesta lingua elaboraron un proxecto piloto que vai tentar paliar a perda de fluidez que o alumnado de escolas en inmersión constatou durante a pandemia. O proxecto ofrece novas e variadas posibilidades de practicar a lingua tanto dentro como fóra dos fogares.
Fonte: The National
A Comisión de Cultura da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que avala que os municipios con comunidades indíxenas poidan ter unha lingua nativa como idioma cooficial.
Fonte: Gazeta do Povo
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou as resolucións das axudas para o curso escolar 2020/2021 destinadas aos proxectos de fomento do galego realizados nos centros de ensino non universitario de titularidade privada.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Hai dez anos, a iniciativa 'Twitter en Galego', impulsada por Carlos García Vieito, conseguiu a dispoñibilidade da web de Twitter, que ata entón era accesible só en castelán ou inglés, en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Os datos do último censo do Departamento de Estatística de Singapur revelan que os fogares de Singapur falan cada vez máis inglés. O uso desta lingua aumenta máis de dez puntos desde 2010.
Fonte: Channel New Asia
Boletín
Subscríbase ao boletín




