Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xuño de 2021

    A Fundación Vincle puxo en marcha unha campaña baixo o lema “El català és negoci”, co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, para fomentar o uso do catalán en empresas e comercios e mostralo como un investimento rendible.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    16 de xuño de 2021

    O Gabinete de Normalización Lingüística impulsa unha campaña para incentivar a transmisión do valenciano entre as familias e fomentar valores como o da diversidade nas nenas e nos nenos.

    16 de xuño de 2021

    A autoridade unitaria de Gwynedd, no norte do País de Gales, está desenvolvendo un exhaustivo plan para estender e mellorar os servizos de educación en inmersión en galés. A idea é que estes servizos cheguen tamén ás persoas que acaban de adquirir a residencia na zona para que sexan competentes na lingua vernácula.

    Fonte: North Wales Chronicle

    16 de xuño de 2021

    A vila occitana de Cornonterralh, no distrito de Montpellier, acollerá unha nova 'calandreta' ou escola de inmersión en occitano a partir do próximo mes de setembro.

    Fonte: Jornalet

    16 de xuño de 2021

    Este servizo de normalización lingüística traballará no fomento do galego nos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño. O seu programa de actividades estréase cun proxecto de recollida de materiais relacionados co San Xoán (cantigas, coplas, refráns, receitas...), para o que piden a colaboración da cidadanía.

    16 de xuño de 2021

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca axudas dirixidas a empresas do sector editorial para a edición en galego de recursos didácticos curriculares para o ensino non universitario.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    15 de xuño de 2021

    A proposición de lei 96 presentada en maio polo ministro de Lingua Francesa do Goberno do Quebec, Simon Jolin-Barrette, pretende recoñecer constitucionalmente o Quebec como nación francófona onde o francés sexa a única lingua oficial.

    Fonte: Nationalia

    15 de xuño de 2021

    A Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa (ACLM) investirá medio millón de euros en varias iniciativas para a promoción do mirandés entre as que destaca unha ruta sobre a obra e o pensamento de nove autores ligados á salvagarda desta lingua.

    Fonte: RTP

    15 de xuño de 2021

    O director xeral de Discapacidade do Ministerio de Dereitos Sociais anuncia que abrirá un expediente para declarar as linguas de signos española e catalá, e as súas expresións culturais, como bens de patrimonio cultural inmaterial. O obxectivo é garantir a súa difusión, documentación, investigación e preservación.

    Fonte: El Plural

    15 de xuño de 2021

    A Consellería de Educación e a Federación de Persoas Xordas da Comunidade Valenciana presentan “De llengua a llengua”, unha aplicación para dispositivos móbiles que incentiva o ensino da lingua de signos tanto para persoas xordas como para persoas oíntes co obxectivo de favorecer a inclusión plena deste colectivo na sociedade e de dar a coñecer a súa cultura e as súas características.

    Fonte: El Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder