A Deputación de Pontevedra entregou os premios do concurso "Xoga coas Manciñas" correspondentes aos anos 2021 e 2020 nun acto no que se destacou a necesidade de que a lingua de signos teña presenza no currículo educativo e se apoiou a iniciativa para a recompilación da lingua galega en lingua de signos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os XII Premios Rosalía de Castro de Lingua, que recoñecen persoas e entidades que traballan no fomento do galego, recaeron no debuxante Xaquín Marín, na Agrupación Astronómica Ío e no Twitter en galego, que recibirán cada un 2100 euros.
Fonte: Deputación da Coruña
Dúas importantes bibliotecas, a Biblioteca Bodleiana de Oxford e a Biblioteca Nacional de Gales en Aberystwyth, cederán por un tempo catro manuscritos medievais escritos en córnico para a exposición "Mes a’n Kemmyn/Out of the Ordinary" en Cornualles. Trátase dos documentos orixinais máis importantes para a conservación desta lingua celta falada en Cornualles.
Unha disputa entre o DUP e o Sinn Féin, os dous partidos con máis representación na Asemblea de Irlanda do Norte, pode ameazar o goberno desta zona do Reino Unido. A orixe da disputa está na aprobación dunha lei que garanta a protección do gaélico irlandés.
Fonte: The Guardian
A Dirección Xeral de Política Lingüística crea Ep! Interactiu, que ofrece actividades baseadas en imaxes e sons para aprender estruturas sinxelas e vocabulario básico a todas as persoas que queiran aprender a dominar o catalán oralmente ou consolidar o que aprenderon na aula. Este recurso tamén vai dirixido a profesorado para adultos, a través dunha ferramenta con actividades en liña para as súas aulas virtuais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A deputada de Turismo e a Plataforma pola Lingua reuníronse para establecer diferentes vías de acción co obxectivo de potenciar o uso institucional do valenciano. A inclusión desta lingua nas campañas de promoción turística é un compromiso coa cidadanía, xa que ten o dereito a recibir información na lingua que fala.
Fonte: Castellón Información
Un total de 180 concellos benefícianse das axudas da Xunta de Galicia para as actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito nun total de 220 bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Museo do Mar de Galicia ao concerto de presentación de Cantos de terra e sal, o novo proxecto de Carmen Penim.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta de Galicia impulsará máis dun millar de actividades presenciais a través da segunda convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, o programa da Xunta de Galicia posto en marcha no marco do Plan de Reactivación cultural que na súa segunda edición conta cun orzamento de 3 M€.
Varias investigacións en lugares como a Universidade de Heidelberg (Alemaña) ou na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) revelan que a introdución do ensino en linguas nativas e non nas linguas coloniais ten un impacto moi positivo na aprendizaxe do alumnado de países africanos como Camerún ou Senegal.
Fonte: Financial Times
Boletín
Subscríbase ao boletín





