Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xuño de 2021

    Varios cursos de portugués como lingua estranxeira que teñen lugar en Luxemburgo co apoio do Ministerio de Educación teñen cada vez máis persoas interesadas en aprenderen a lingua de Camões. Entre o alumnado hai persoas de fóra de Luxemburgo e tamén un bo número de luxemburgueses.

    Fonte: Contacto

    09 de xuño de 2021

    A universidade incrementou os créditos en éuscaro do 27,5 % ao 60 % para o curso 2021-2022 no Grao en Traballo Social e segue traballando no seu obxectivo de ofrecer nun futuro a titulación completa nesta lingua.

    Fonte: 20 minutos

    09 de xuño de 2021

    O importe total das subvencións para incrementar o uso do éuscaro é dun millón de euros e vai dirixido á prensa diaria, ás edicións dixitais e ás emisoras de radio que utilizan principalmente o castelán.

    Fonte: Segres

    09 de xuño de 2021

    Esta comunidade virtual conta no seu perfil en Spotify con tres listas de música en galego de diferentes estilos musicais: unha con 140 cancións para público infantil, outra con máis de 500 cancións de todos os estilos e unha terceira con máis de 100 panxoliñas de Nadal.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de xuño de 2021

    Un estudo elaborado na Universidade de Zürich alerta que a perda de diversidade lingüística no mundo está pondo en risco o coñecemento ancestral relacionado co uso das plantas medicinais.

    Fonte: The Guardian

    08 de xuño de 2021

    Un proxecto piloto introducirá o estudo das linguas estranxeiras en máis de 100 escolas primarias de toda a República de Irlanda.

    Fonte: Irish Times

    08 de xuño de 2021

    O Goberno de Navarra asina un convenio con Soziolinguistika Klusterra para financiar tres proxectos durante o ano 2021 que obteñan datos demolingüísticos actualizados co obxectivo de avaliar a situación do éuscaro e coñecer a evolución da realidade sociolingüística de Navarra e realizar unha política adecuada a esta realidade.

    Fonte: Goberno de Navarra

    08 de xuño de 2021

    As axudas convocadas para o ano 2021 contan cun valor de 635 000 euros e van dirixidas a medios de comunicación en catalán, escritos e audiovisuais, co obxectivo de garantir a súa estabilidade. A convocatoria contribuirá a manter postos de traballo neste sector.

    Fonte: 20 minutos

    08 de xuño de 2021

    O Consello Económico e Social de Galicia aprobou unha declaración institucional de apoio ao emprego do galego en todos os ámbitos da vida social e económica e pide maior contido legal e formal ao dereito da poboación a usar esta lingua nas relacións coas empresas.

    08 de xuño de 2021

    A Xunta de Galicia convoca 10 prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 en centros universitarios de España, Italia, Francia, Brasil, Croacia, Alemaña e Reino Unido.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder