Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xuño de 2021

    Un estudo realizado polo British Council revelou que a pandemia da covid-19 fixo colapsar o estudo das linguas modernas na educación primaria de Irlanda do Norte. Do estudo tamén se desprende que esta zona do Reino Unido é a que menos anos de ensino obrigatorio dedica ao estudo destas linguas.

    Fonte: BBC

    02 de xuño de 2021

    O municipio trasmontano de Miranda do Douro actualizará a súa toponimia local ao colocar placas bilingües en mirandés e portugués en 33 localidades de todo o concello.

    Fonte: Renascença

    02 de xuño de 2021

    A Dirección Xeral de Política Lingüística busca fomentar o uso e o coñecemento do aranés a través da publicidade institucional. Os anuncios e a cuña radiofónica estarán presentes en todos os canais da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais, de televisión e de radio.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de xuño de 2021

    O certame Youtubeir@s deste ano leva como lema "Magnetismo en rede" e busca fomentar a creación e o mantemento de canles de YouTube en galego. Pola súa banda, Olloboi, que ten xa na rede os traballos finalistas, renovou as categorías nesta edición para que as obras seleccionadas sexan o máis representativas posible.

    Fonte: Cultura Galega

    02 de xuño de 2021

    O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da lámina Liñaxes e armerías no reino de Galicia (séculos XIII-XVI), de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.

    02 de xuño de 2021

    Este galardón ten como obxectivo darlles visibilidade internacional a obras de autoras e autores vascos. O Instituto Etxepare comunicou que poderán presentarse os tradutores, as tradutoras e as editoriais internacionais que presenten unha tradución dunha obra literaria escrita e publicada en éuscaro no ano 2020.

    Fonte: El Diario Vasco

    02 de xuño de 2021

    O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, levará a estrea galega de A contenda do río Miño o vindeiro 10 de xullo á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCF).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de xuño de 2021

    Segundo as proxeccións demográficas, o Brasil deixará paulatinamente de ser o país con maior número de falantes de portugués. Cando isto aconteza, antes de final de século, os países africanos de lingua oficial portuguesa, sobre todo Angola e Mozambique, pasarán a concentrar o groso dos falantes da lingua de Camões.

    Fonte: Toda Palavra

    01 de xuño de 2021

    A lingua chinesa é unha opción cada vez máis habitual nas escolas de Zimbabwe grazas ao estreitamento das relacións entre o país africano e a China.

    Fonte: CGTN

    01 de xuño de 2021

    A empresa británica ProWritingAid, spin-off da Universidade de Oxford, adquiriu os dereitos de explotación para o español de Avalingua, un sistema de corrección e avaliación automática da calidade lingüística que emprega técnicas de procesamento da linguaxe natural baseadas en intelixencia artificial.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder