Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de maio de 2021

    Estas axudas, convocadas polo Instituto Navarro do Éuscaro, contan cun importe total de 20 000 euros e van dirixidas a maiores de 16 anos. As persoas solicitantes deben estar inscritas nalgún curso de éuscaro desde o 20 de outubro de 2020 ata o 15 de agosto de 2021.

    Fonte: Diario de Navarra

    27 de maio de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao Acto Literario do Día das Letras Galegas 2021, na honra de Xela Arias, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de maio de 2021

    Ante a anulación do artigo 4 da lei para a protección e promoción das linguas rexionais de Francia (lei Molac) por parte do Consello Constitucional, convocáronse por todo o país multitude de manifestacións para esixir que a devandita lexislación se cumpra na súa integridade.

    Fonte: Jornalet

    26 de maio de 2021

    O pacto entre o Departamento de Cultura da Generalitat e a plataforma dixital Movistar+ fixo que se subtitulasen case 18000 películas e 2171 episodios en catalán ata 2020 e que se ofrezan películas con audio nesta lingua.  A previsión para 2021 é que se subtitulen 280 películas e 300 capítulos de series.

    Fonte: Segre

    26 de maio de 2021

    Trátase da nova lei de protección das persoas consumidoras e usuarias que tramita o goberno das Illas Baleares e que recolle no seu artigo dedicado aos dereitos lingüísticos que deben poder escoller a lingua oficial na que queren ser atendidas.

    Fonte: Última hora

    26 de maio de 2021

    O I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible naceu coa intención de divulgar nesta lingua as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria. Nesta primeira edición o vídeo gañador foi o titulado ‘Obtención de hidróxeno mediante a electrólise da auga’.

    26 de maio de 2021

    O colexio CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, de Redondela, recibiu o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 na modalidade de educación infantil e primaria convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade arredor da figura, vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega.

    26 de maio de 2021

    As persoas que residan na cidade inglesa de Manchester e arredores poden anotarse de balde a un curso de lingua de signos de seis semanas como parte de Signs4Life, unha iniciativa para a mellora da comunicación coa comunidade de persoas xordas ou con dificultades de audición.

    Fonte: In your area

    25 de maio de 2021

    Un grupo de activistas mobilizouse diante do edificio da Asemblea de Irlanda do Norte en Stormont para demandar que o executivo aprobe a lexislación prometida que garanta servizos en gaélico irlandés.

    Fonte: RTÉ

    25 de maio de 2021

    A empresa de telecomunicacións Media Capital asinou un acordo coa CNN para a creación da CNN Portugal, unha nova canle de contidos en portugués.

    Fonte: Portal Alta Definição

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder