Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xuño de 2021

    Desde o ano 2014, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven a elección da palabra do ano en galego. Agora, o Concello de Lugo instalou no pavimento da rúa Menorca as oito palabras elixidas ata o momento, unha iniciativa coa que busca poñer en valor a lingua galega.

    Fonte: Real Academia Galega

    01 de xuño de 2021

    O Goberno de Navarra e a Fundación Dindaia crean un proxecto en liña, Euskaraz KiLiKa, dirixido ao público infantil de 8 a 12 anos para ofrecerlles actividades de ocio en éuscaro, xa que contribúen á aprendizaxe da lingua e aumentan a súa fluidez e os hábitos de uso. Trátase da organización de conversacións grupais para que nenas e nenos escolarizados nesta lingua de diferentes zonas interactúen uns cos outros.

    01 de xuño de 2021

    Representantes das dúas institucións reúnense para reafirmar a súa colaboración. Nos últimos anos realizaron actividades no ámbito da investigación e na difusión do coñecemento a través da organización de xornadas e encontros.

    Fonte: El Periòdic

    01 de xuño de 2021

    A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Sarria no acto de presentación do libro-catálogo da exposición Aquela nena de Sarria, homenaxe a Xela Arias.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    31 de maio de 2021

    O Ministerio de Educación de Irlanda do Norte decidiu suprimir a proba de expresión oral dos exames oficiais dos títulos de ensino secundario e bacharelato das materias lingüísticas para 2022 por mor da pandemia da covid-19.

    Fonte: BBC

    31 de maio de 2021

    Milleiros de persoas manifestáronse en diferentes marchas por toda Francia para demandar o ensino en inmersión naquelas rexións que contan con linguas vernáculas. As manifestacións protestaban fundamentalmente contra a decisión do Consello Constitucional de prohibir o modelo de inmersión no ensino.

    Fonte: France Bleu

    31 de maio de 2021

    Francesc Gamero, secretario autonómico de Facenda, afirma que haberá un maior uso do valenciano ao ser o idioma predeterminado que aparecerá nos dispositivos. Esta medida nace do obxectivo de impulsar e facilitar o uso desta lingua no ámbito informático, nunha sociedade cada vez máis estruturada arredor das TIC.

    Fonte: El Periòdic

    31 de maio de 2021

    A EITB e Euskaltel presentan Euskalteka, o novo servizo integrado na televisión que ten como obxectivo promover os contidos audiovisuais creados en éuscaro e a cultura do País Vasco. A plataforma inclúe máis de 300 horas de programas de éxito da EITB de distintos xéneros e para todos os públicos.

    Fonte: Cine y Tele

     

    31 de maio de 2021

    A Xunta de Galicia destinará un investimento de 140 000 euros a renovar os seus convenios de colaboración con universidades do resto de España, Italia e Portugal para promover ata 2024 a lingua, a literatura e a cultura galegas no ámbito académico.

    29 de maio de 2021

    O Parlamento de Noruega aprobou unha lei que oficializa as denominacións de Noruega en tres variedades da lingua saami e na lingua kven.

    Fonte: The Barents Observer

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder