Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2021

    A autoridade responsable do desenvolvemento cultural, económico e social das "gaeltacht" ou zonas de fala gaélica levará a cabo un ambicioso programa de cinco anos para incentivar o uso do gaélico nestas zonas e deter a caída de falantes activos.

    Fonte: Irish Central

    07 de xuño de 2021

    Turquía celebra o Día da Lingua de Signos Turca, un idioma que se está a abrir paso firme nunha sociedade que, segundo cifras extraoficiais, conta con 4 millóns de persoas con algún tipo de dificultade auditiva.

    Fonte: Daily Sabah

    07 de xuño de 2021

    O borrador que ultima o goberno prevé a valoración do éuscaro como mérito no acceso e na provisión de postos do Servizo Navarro de Saúde que se atopen na zona mixta. 

    Fonte: Diario de Navarra

    07 de xuño de 2021

    Co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, a plataforma audiovisual incorpora novas películas dobradas en catalán, que sumarán un total de 14 coa estrea de “Jungle Cruise". A Generalitat comunicou que Disney + irá ofrecendo cada vez máis títulos nesta lingua.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de xuño de 2021

    Os Premios da Crítica 2020 en lingua galega recaeron nas escritoras Inma López Silva, na categoría de narrativa coa obra O libro da filla, e Ana Romaní, en poesía con A desvértebra.

    Fonte: Galicia Confidencial

    07 de xuño de 2021

    O pasado 5 de xuño celebrouse en Pontevedra o acto de entrega da segunda edición dos II Premios Mil Primaveras, uns galardóns que teñen como obxectivo a difusión e a posta en valor de proxectos de fomento do galego que, pola súa calidade, poidan servir de modelo e inspiración.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de xuño de 2021

    A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no seu delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou no acto de homenaxe ao sacerdote, latinista e poeta chairego Xosé Crecente Vega.

    05 de xuño de 2021

    As autoridades chinesas están pechando escolas privadas de lingua tibetana na provincia de Sichuan co pretexto de uniformar o uso dos libros de texto e outros materiais didácticos. O alumnado destas escolas acabará en centros públicos onde a lingua de instrución é o chinés.

    Fonte: Radio Free Asia

    04 de xuño de 2021

    O ente responsable dos asuntos policiais de Gales e Inglaterra, College of Policing, aprobou a súa primeira estratexia sobre a lingua galesa. O seu principal obxectivo é promocionar o uso do galés e apoiar os falantes de galés tanto dentro como fóra do corpo policial.

    Fonte: North Wales Pioneer

    04 de xuño de 2021

    O municipio de Monsenhor Tabosa, no estado brasileiro do Ceará, recoñeceu a lingua nativa tupi-nheengatu como idioma cooficial xunto ao portugués.

    Fonte: Ceará Governo do Estado

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder