A Asemblea Nacional do Quebec aprobou unha resolución que garantirá a promoción e protección das linguas indíxenas das Primeiras Nacións en territorio quebequés.
Fonte: Montreal Gazette
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asemblea Nacional do Quebec aprobou unha resolución que garantirá a promoción e protección das linguas indíxenas das Primeiras Nacións en territorio quebequés.
Fonte: Montreal Gazette
Co fin de sensibilizar a cidadanía brasileira sobre a existencia e promoción das linguas indíxenas, o Museo do Indio de Río de Xaneiro desenvolveu aplicacións gratuítas con dicionarios dos idiomas guató, yekuana, sanöma e kawahiva.
Fonte: Jornal de Brasília
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, aproveitou a entrega do concurso do Día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas para afirmar que o portugués é un dos activos máis importantes do país luso.
Fonte: Plataforma Media
A conselleira de Relacións Cidadás e o presidente da Real Academia da Lingua Vasca renovan o seu convenio de colaboración para o ano 2021, no que o seu obxectivo é normalizar o desenvolvemento, o estudo e a investigación do éuscaro.
Fonte: Goberno de Navarra
Durante os meses de xullo e agosto, o centro abrirá as súas portas mañás e tardes á comunidade universitaria e ao público valenciano en xeral para ofrecerlles cursos de idiomas que consoliden coñecementos xa adquiridos ou que preparen o alumnado para acreditacións oficiais. A oferta céntrase en cursos de valenciano ou de español para estudantes ou visitantes estranxeiros.
Fonte: Levante-EMV
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro Agochar a memoria nalgures, no que o escritor e profesor José Julio Fernández Rodríguez reflexiona a través da poesía sobre as dificultades ás que nos enfrontamos as persoas no contexto do s. XXI.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Das 6417 persoas rexistradas para realizar a proba de acceso á avogacía correspondente ao ano 2021 só unha realizou o exame en galego. No que respecta ás outras linguas do estado, escolleu o éuscaro tamén un aspirante e 41, o catalán, mentres que o resto optou polo castelán.
Fonte: Nós Diario
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ordena que o alumnado poida elixir a lingua na que prefire realizar os exames de selectividade. Poderá escoller entre o catalán, o castelán ou o aranés.
Fonte: El País
A lei establece que polo menos un 50 % das clases se impartirá en catalán para garantir que, ao acabar o período do ensino obrigatorio, o alumnado teña adquirido competencias fluídas nesta lingua e en castelán, ademais dunha terceira lingua estranxeira. O obxectivo é que as dúas linguas oficiais se empreguen na ensinanza para asegurar o proceso de normalización lingüística.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Taiwán recoñece 16 tribos indíxenas e as súas 16 linguas orixinarias. Malia esta protección legal, unha boa parte das comunidades están inmersas nunha loita contra o reloxo por salvar os seus modos de expresión ancestrais da extinción.
Fonte: The Guardian
Subscríbase ao boletín