Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xullo de 2021

    Finalizou o período que concedeu en 2016 o Instituto de Estudos Cataláns para adaptarse á modificación ortográfica pola que se eliminan a maioría dos acentos diacríticos da lingua catalá, agás en 15 das 150 palabras que historicamente levaron este acento.

    01 de xullo de 2021

    A Deputación de Pontevedra colaborará coa Organización de Diversidade Sensorial de Galiza ‘Xoga' para realizar un traballo de investigación para recoñecer a lingua de signos galega como forma de comunicación oficial.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    01 de xullo de 2021

    A Rexión Autónoma de Sardeña aprobou destinar un orzamento de 900 mil euros ao ensino das linguas catalá e sarda en horario extracurricular.

    Fonte: Unione Sarda

    30 de xuño de 2021

    O Ministerio de Educación de Arabia Saudita introducirá o ensino do chinés en todos os niveis educativos da rede de centros públicos.

    Fonte: The Siasat Daily

    30 de xuño de 2021

    Francesc Xavier Vila, catedrático de sociolingüística da Universidade de Barcelona, será o novo secretario de Política Lingüística. Substituirá á antiga directora xeral, Esther Franquesa, neste departamento que agora elevou o seu rango para converter a diversidade lingüística de Cataluña nun dos eixes principais do Departamento de Cultura.  

    30 de xuño de 2021

    O Consello de Europa recoñeceu como exemplos de boas prácticas os proxectos 'HiruKo Ituna' e 'Sarean Euskaraz', seleccionados dentro da convocatoria de 2019, para recoñecer as actividades relacionadas coa aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).

    Fonte: 20minutos

    30 de xuño de 2021

    A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a celebración da II Festa do Apego, organizada polo Concello de Ames. O evento incluíu danza, música, teatro e xogos dirixidos a familias con fillas e fillos de ata seis anos. O obxectivo destas actividades é promover a transmisión do galego como lingua inicial e contribuír á socialización neste idioma.

    29 de xuño de 2021

    A localidade francesa de Vilanuèva d’Òlt (Villeneuve-sur-Lot, en francés) acollerá a 47 edición da Escola Occitana de Verán, unha semana de inmersión en occitano para persoas de todas as idades interesadas en aprender ou practicar este idioma.

    Fonte: Jornalet

     

    29 de xuño de 2021

    Un grupo de científicos da Universidade de Aarhus e a Universidade Cornell revelaron que as nenas e os nenos de Dinamarca teñen dificultade por aprenderen dinamarqués, lingua xermánica que conta con 40 sons vocálicos diferentes.

    Fonte: The Conversation

    29 de xuño de 2021

    O Boletín Oficial de Guipúscoa publicou a convocatoria de subvencións con dúas modalidades: unha para a aprendizaxe do éuscaro e outra para reforzos lingüísticos da poboación de entre 3 e 12 anos.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder