Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xullo de 2021

    A profesora Andrea Maceiras foi galardoada co premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, coa novela Que se me pare o corazón se te esquezo, sobre as tensións das redes sociais na mocidade.

    Fonte: Cultura galega

    13 de xullo de 2021

    O Goberno da República de Irlanda anunciou que a nova lei de Linguas Oficiais estipulará que antes de 2030 o 20 % do funcionariado que traballe na función pública deberá falar gaélico irlandés con fluidez.

    Fonte: The Irish Times

    13 de xullo de 2021

    Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, incorpora termos actuais como koronabirus, telelangutza, gobernantza ou heteropatriarkal ao seu dicionario de éuscaro Euskaltzaindiaren Hiztegia.

    Fonte: Noticias de Navarra

    13 de xullo de 2021

    No marco do II Plan Municipal de Cidadanía e Diversidade, o Concello promove a narración de relatos en éuscaro e castelán que fomenten a convivencia en diversidade e acheguen unha nova perspectiva sobre as persoas migrantes.

    Fonte: 20 minutos

    12 de xullo de 2021

    A Xunta de Galicia, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sumouse en Barcelona aos actos de conmemoración do 30° aniversario da Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), que se abriron cunha ofrenda floral ao pé do busto de Rosalía de Castro que loce na praza Padrón de Mollet del Vallès.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xullo de 2021

    O ministro de Gaeltacht e Deportes da República de Irlanda, Jack Chambers, aprobou un plan de promoción do gaélico no municipio de West Mayo, no noroeste do país.

    Fonte: Gov.ie

    12 de xullo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro cos participantes no festival de artes escénicas da Universidade de Santiago de Compostela USCénica. No encontro participaron tamén o reitor da devandita Universidade, Antonio López, e a vicerreitora de Igualdade, Cristina López.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xullo de 2021

    A Vicepresidencia e Consellería de Igualdade e Políticas Inclusivas e o Centro de Idiomas da Universidade de Valencia colaboran para fomentar a inclusión das persoas migrantes a través da aprendizaxe das linguas oficiais da Comunidade Valenciana, co obxectivo de poderen atopar traballo ou acceder aos servizos básicos da sanidade, da educación e dos servizos sociais.

    Fonte: El Periòdic

    12 de xullo de 2021

    Xa se pode consultar a nova proposta do Centro de Terminoloxía Asturiana, que publicou a “Terminoloxía de deportes y pruebes olímpiques”. Trátase da terminoloxía asturiana dos Xogos olímpicos.

    Fonte: Diario Alerta

    09 de xullo de 2021

    A Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón e a Fundación Rosalía de Castro estrean a visita virtual ao museo para celebrar os 50 anos da súa apertura.

    Fonte: Cultura galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder