Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xullo de 2021

    Os programas “Luzía Dueso” e “Jesús Moncada” van dirixidos aos centros docentes non universitarios da comunidade autónoma durante o curso 2021-2022. O seu obxectivo é ofrecer actividades adaptadas a todas as áreas curriculares para difundir o aragonés e as súas variedades lingüísticas e o catalán que se fala en Aragón.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    17 de xullo de 2021

    A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de axudas dotada con 200 000 euros dirixida ao sector editorial galego co obxectivo de impulsar a distribución das obras editadas e, deste xeito, facilitar que cheguen ao público lector.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de xullo de 2021

    Unha asociación a favor da lingua occitana publicou unha petición en liña para que se autorice a sinalización oficial en occitano de todas as localidades do territorio de Occitania.  

    Fonte: Jornalet

    17 de xullo de 2021

    O Goberno de Gales está a piques de cambiar a súa política de contratación pública. A partir de agora as persoas que queiran traballar no ámbito público deberán ter un nivel básico de galés.

    Fonte: BBC

    16 de xullo de 2021

    A Mesa pola Normalización Lingüística e entidades culturais e educativas presentaron a campaña "Queremos galego no audiovisual" coa que se dá inicio á segunda fase da Iniciativa Xabarín para garantir unha presenza equitativa do galego no proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual que verá a luz nos próximos meses.

    Fonte: Nós Diario

    16 de xullo de 2021

    Un total de 85 concellos de toda Galicia benefíciase das axudas da Xunta para a promoción do uso da lingua galega. O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destina unha partida de 350 000 euros a esta acción.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

     

    16 de xullo de 2021

    Durante o acto institucional de celebración do 25 aniversario da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, membros da Cátedra de Dereitos Lingüísticos da Universidade de Valencia e do Concello de Oliva mencionaron o fomento do uso das linguas minoritarias e afirmaron a necesidade de seguir traballando para garantir que todas as persoas da sociedade valenciana teñan o dereito a preservar e transmitir a súa lingua familiar.

    Fonte: Las Provincias

    16 de xullo de 2021

    O premio vai dirixido ao alumnado que presente traballos na próxima edición da Escola de Verán de Lingüística Catalá (EDELC) co obxectivo de fomentar a investigación, recoñecer a figura de Moll como filóloga e lingüista e favorecer a interacción e as colaboracións cos especialistas para crear unha rede de apoio en estudos lingüísticos sobre a lingua catalá.

    Fonte: 20 minutos

    15 de xullo de 2021

    O Concello de Vitoria colabora coa asociación Geu Elkartea nun proxecto de fomento do uso do éuscaro no sector socioeconómico, na mocidade e nos barrios da cidade.

    Fonte: Noticias de Álava

    15 de xullo de 2021

    A proposta da Comisión Permanente do Consello Social da Lingua Catalá, o Goberno balear impulsa a elaboración dun informe sobre a situación do catalán coa finalidade de determinar os obxectivos cumpridos e os que están pendentes.

    Fonte: Última Hora

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder