Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de abril de 2021

    Un informe revela que case a metade dos ministerios e organismos federais do Canadá non enviaron un documento obrigatorio que se considera fundamental para poder avaliar o seu grao de aplicación da Lei de linguas oficiais.

    Fonte: La Presse

    30 de abril de 2021

    Varios organismos públicos de Paraguai, entre os que se encontra o Centro Cultural da República e a Academia da Lingua Guaraní, convocaron a 16 edición dun concurso de contos en guaraní e español. 

    Fonte: Hoy

    29 de abril de 2021

    Con esta iniciativa, a Dirección Xeral de Política Lingüística procura normalizar a presenza do catalán na rede e mostrar que esta lingua contribúe a preservar a riqueza lingüística e o plurilingüismo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    29 de abril de 2021

    A Deputación publicou, a través da Unidade de Normalización Lingüística, as subvencións para axudar os municipios cun conxunto de accións e estratexias que teñen como obxectivo promocionar o uso do valenciano.

    Fonte: El Económico

    29 de abril de 2021

    “Dígocho a ti” é un proxecto no que estudantes de infantil, primaria e secundaria se converten en protagonistas da súa propia aprendizaxe mediante a realización de vídeos que afondan no vocabulario e nas normas ortográficas e gramaticais do galego.

    Fonte: Universidade de Vigo

    28 de abril de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, defendeu que a lingua galega é un exemplo de convivencia para o resto do Estado e o seu uso ten os índices de competencia máis elevados de todas as comunidades autónomas con linguas cooficiais, o que avala o modelo lingüístico galego.

    28 de abril de 2021

    O Departamento de Xustiza da República de Irlanda acaba de publicar a versión en gaélico do formulario que se debe cubrir para solicitar a cidadanía irlandesa. O cambio débese a unha solicitude enviada por dous falantes de gaélico de nacionalidade chinesa que quixeron solicitar a cidadanía por medio desta lingua.

    Fonte: RTÉ

    28 de abril de 2021

    O libro Contar histórias com a avó ao colo reúne dezaseis contos de transmisión oral escritos por autoras procedentes de oito países lusófonos. O libro será publicado con ocasión do Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebra o 5 de maio.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    28 de abril de 2021

    Co obxectivo de lograr a dinamización comarcal, Uskara busca a reflexión e a participación dos habitantes para recuperar e dar visibilidade aos dialectos do éuscaro dos vales pirenaicos.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    28 de abril de 2021

    Panadarías de Oarsoaldea participan na iniciativa que busca dinamizar o uso desta lingua. Desta maneira, os clientes que usen o éuscaro poderán recibir ofertas especiais pensadas para eles.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder