A Xunta convocou bolsas de formación, cun investimento de 300 000 euros, nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en distintas universidades españolas, así como de países como Italia, Francia, Brasil ou Croacia.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A nova administración de Joe Biden habilitou un sitio web con información sobre a vacina da covid-19 en versión bilingüe inglés-español.
Fonte: The Verge
O día 5 de maio todos os países lusófonos do mundo conmemoran o Día Mundial da Lingua Portuguesa, efeméride proclamada pola Unesco en 2019.
Fonte: Jornal Económico
A rexión de Sardeña promociona por medio do municipio de Sassari dous obradoiros culturais en sardo e sassarés, dúas das linguas que se falan na illa italiana. Os cursos son gratuítos e abertos a toda a cidadanía.
Fonte: La Milano
A campaña arrancou en Bergara coa repartición gratuíta da guía ás familias de fillos e fillas de catro e cinco anos. O obxectivo dos servizos municipais é que a transmisión familiar do éuscaro marque o futuro uso lingüístico destes nenos e nenas.
Fonte: El Diario Vasco
Esta campaña da Dirección Insular de Política Lingüística consiste en usar gifs en catalán nas historias de 24 horas ou nas mensaxes de Instagram.
Fonte: Diario de Mallorca
Un concelleiro do goberno municipal de Gwynedd, no norte do País de Gales, presentou unha moción para que os nomes galeses de Eryri e Yr Wyddfa, Snowdonia e Snowdon en inglés, respectivamente, sexan recoñecidos como únicos oficiais.
Fonte: The Guardian
O Informe Xabarín constata a escaseza de contidos televisivos en galego, xa que só 25 dos máis de 25 000 títulos no catálogo global que ofrecen as operadoras inclúe a opción do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os actores Isabel Risco e Fran Rei presentaron na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal o proxecto audiovisual Dúo Vaguedades, pertencente á primeira convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia marca entre as súas prioridades seguir traballando na transmisión e emprego da lingua galega en contornos familiares e entre a mocidade. Así o explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que presentou no Parlamento as liñas de traballo do seu departamento, que aumenta este ano o seu orzamento nun 53 %.
Boletín
Subscríbase ao boletín



