O 7 de maio celebrouse o décimo aniversario da iniciativa Twitter en galego, dez anos de reivindicación do uso do galego nesta rede social á que se sumaron personalidades do ámbito cultural, divulgador e académico.
Fonte: Código Cero
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O 7 de maio celebrouse o décimo aniversario da iniciativa Twitter en galego, dez anos de reivindicación do uso do galego nesta rede social á que se sumaron personalidades do ámbito cultural, divulgador e académico.
Fonte: Código Cero
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou na inauguración da 40ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela, a segunda das citas do calendario impulsado pola Xunta e a Federación de Libreiros de Galicia que inclúe un total de 12 paradas en diferentes cidades e vilas galegas ata o mes de agosto.
A Deputación de Pontevedra organiza unha programación chea de actividades dirixidas principalmente á mocidade baixo o lema '365 días en galego' co obxectivo de reivindicar a lingua galega como identidade e animar a cidadanía así como ás institucións a que a usen.
O embaixador de Portugal en Luxemburgo, António Gamito, declarou que o Goberno de Luxemburgo debería destinar máis recursos para potenciar o ensino da lingua portuguesa no Gran Ducado como, por exemplo, entrar no currículo das escolas europeas.
Fonte: Contacto
A empresa Roudour ofrece na cidade de Quimper un curso intensivo de seis meses para aprender bretón. A formación está pensada para persoas que queiran traballar en postos relacionados coa lingua bretoa como o ensino, a cultura ou os medios de comunicación.
Fonte: Ouest France
O colectivo Scola Corsa anunciou que a partir do mes de setembro abrirán en Córsega as dúas primeiras escolas de inmersión en lingua corsa.
Fonte: Franceinfo
O ministro das 'Gaeltacht' ou zonas de fala irlandesa da República de Irlanda anunciou que os cursos de gaélico que se organizan cada verán nestas zonas serán de novo cancelados por mor da crise sanitaria da covid-19.
Fonte: Laois Nationalist
Google anunciou a presentación da ferramenta Woolaroo que permite que distintas comunidades lingüísticas conserven e amplíen as súas listas de palabras no seu idioma e agreguen gravacións de audio para axudar coa pronuncia.
Fonte: Tecmundo
Pamplona acolleu a presentación da obra Jagon 21: Hizkuntza gutxiagotuak zaindu, euskara jagon. O volume axuda a reflexionar sobre o futuro das linguas europeas occidentais minorizadas ao analizar a súa situación actual.
Fonte: Gobierno de Navarra
Udaltop, o encontro anual dos servizos municipais do éuscaro, reúne 230 profesionais para traballar no fomento desta lingua no ámbito socioeconómico desde as entidades locais.
Fonte: Gobierno de Navarra
Subscríbase ao boletín