Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de maio de 2021

    O Goberno de Finlandia está levando a cabo un proxecto piloto para axudar os estudantes estranxeiros de enfermaría a aprenderen finés coa intención de que poidan desenvolver a súa carreira profesional no país.

    Fonte: YLE

    14 de maio de 2021

    A editorial de banda deseñada ASA confirmou que proximamente se vai publicar a tradución en mirandés de Astérix et le Griffon, o álbum 39 das coñecidas aventuras de Astérix e Obélix.

    Fonte: Mensageiro de Bragança

    14 de maio de 2021

    Unha colaboración coa Asociación da Lingua Mirandesa permitiu á cantante de fado Ana Laíns presentar o seu novo traballo discográfico coa tradución de todas as cancións á segunda lingua oficial de Portugal, o mirandés.

    Fonte: Artesonora

    14 de maio de 2021

    O Goberno do Quebec presentou un ambicioso proxecto de lei que garantirá un fortalecemento do uso do francés tanto no sector público como no privado.

    Fonte: CBC

    14 de maio de 2021

    A Escola Galega de Administración Pública publica a convocatoria de actividades de formación dirixidas ao persoal da Administración pública galega, entre as que se atopan tres cursos de carácter lingüístico, todos na modalidade de teleformación.

    Fonte: Consello da Cultura  Galega

    14 de maio de 2021

    A sentenza do tribunal declara que non é preciso que a totalidade dos axentes coñeza o éuscaro para garantir a comunicación coa cidadanía que se dirixa a eles nesta lingua.

    Fonte: EITB

    14 de maio de 2021

    Findecurta, un certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, chega á súa sexta edición. Con este maratón preténdese impulsar a creatividade audiovisual en galego da mocidade.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    14 de maio de 2021

    “Eu merco en Allariz, eu merco en galego” é o lema da campaña impulsada polo Concello de Allariz para promover o uso do galego no ámbito do comercio. O obxectivo é conseguir que a atención á clientela e a provedores se faga nesta lingua, así como que se empregue en rótulos, publicidade ou calquera outro elemento informativo ou de comunicación do establecemento.    

    14 de maio de 2021

    Este convenio, renovado para unha duración de catro anos, financiará programas lexicográficos e aqueles que teñen como obxectivo impulsar o corpus do éuscaro biscaíño. Ademais, colaborarase na formación de persoal investigador en materia lingüística para promover o desenvolvemento e a actualización dos valores da cultura vasca.

    Fonte: Goberno vasco

    13 de maio de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na presentación do novo libro infantil Celi no Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder