Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de xuño de 2021

    Un proxecto piloto introducirá o estudo das linguas estranxeiras en máis de 100 escolas primarias de toda a República de Irlanda.

    Fonte: Irish Times

    08 de xuño de 2021

    O Goberno de Navarra asina un convenio con Soziolinguistika Klusterra para financiar tres proxectos durante o ano 2021 que obteñan datos demolingüísticos actualizados co obxectivo de avaliar a situación do éuscaro e coñecer a evolución da realidade sociolingüística de Navarra e realizar unha política adecuada a esta realidade.

    Fonte: Goberno de Navarra

    08 de xuño de 2021

    As axudas convocadas para o ano 2021 contan cun valor de 635 000 euros e van dirixidas a medios de comunicación en catalán, escritos e audiovisuais, co obxectivo de garantir a súa estabilidade. A convocatoria contribuirá a manter postos de traballo neste sector.

    Fonte: 20 minutos

    08 de xuño de 2021

    O Consello Económico e Social de Galicia aprobou unha declaración institucional de apoio ao emprego do galego en todos os ámbitos da vida social e económica e pide maior contido legal e formal ao dereito da poboación a usar esta lingua nas relacións coas empresas.

    08 de xuño de 2021

    A Xunta de Galicia convoca 10 prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 en centros universitarios de España, Italia, Francia, Brasil, Croacia, Alemaña e Reino Unido.

    07 de xuño de 2021

    A autoridade responsable do desenvolvemento cultural, económico e social das "gaeltacht" ou zonas de fala gaélica levará a cabo un ambicioso programa de cinco anos para incentivar o uso do gaélico nestas zonas e deter a caída de falantes activos.

    Fonte: Irish Central

    07 de xuño de 2021

    Turquía celebra o Día da Lingua de Signos Turca, un idioma que se está a abrir paso firme nunha sociedade que, segundo cifras extraoficiais, conta con 4 millóns de persoas con algún tipo de dificultade auditiva.

    Fonte: Daily Sabah

    07 de xuño de 2021

    O borrador que ultima o goberno prevé a valoración do éuscaro como mérito no acceso e na provisión de postos do Servizo Navarro de Saúde que se atopen na zona mixta. 

    Fonte: Diario de Navarra

    07 de xuño de 2021

    Co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística, a plataforma audiovisual incorpora novas películas dobradas en catalán, que sumarán un total de 14 coa estrea de “Jungle Cruise". A Generalitat comunicou que Disney + irá ofrecendo cada vez máis títulos nesta lingua.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de xuño de 2021

    Os Premios da Crítica 2020 en lingua galega recaeron nas escritoras Inma López Silva, na categoría de narrativa coa obra O libro da filla, e Ana Romaní, en poesía con A desvértebra.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder