O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, defendeu que a lingua galega é un exemplo de convivencia para o resto do Estado e o seu uso ten os índices de competencia máis elevados de todas as comunidades autónomas con linguas cooficiais, o que avala o modelo lingüístico galego.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Departamento de Xustiza da República de Irlanda acaba de publicar a versión en gaélico do formulario que se debe cubrir para solicitar a cidadanía irlandesa. O cambio débese a unha solicitude enviada por dous falantes de gaélico de nacionalidade chinesa que quixeron solicitar a cidadanía por medio desta lingua.
Fonte: RTÉ
O libro Contar histórias com a avó ao colo reúne dezaseis contos de transmisión oral escritos por autoras procedentes de oito países lusófonos. O libro será publicado con ocasión do Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebra o 5 de maio.
Fonte: Notícias ao Minuto
Co obxectivo de lograr a dinamización comarcal, Uskara busca a reflexión e a participación dos habitantes para recuperar e dar visibilidade aos dialectos do éuscaro dos vales pirenaicos.
Fonte: Gobierno de Navarra
Panadarías de Oarsoaldea participan na iniciativa que busca dinamizar o uso desta lingua. Desta maneira, os clientes que usen o éuscaro poderán recibir ofertas especiais pensadas para eles.
Fonte: El Diario Vasco
O certame literario Letras para Asubiar conta con dúas modalidades, relato curto e poesía. Os textos deberán ser inéditos, estar escritos en galego e ter unha extensión máxima de 1000 palabras.
Fonte: Faro de Vigo
A Real Academia Galega deu a coñecer os resultados da avaliación da competencia bilingüe en galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. Neste estudo conclúese que existe un acusado desequilibrio en detrimento do galego, dado que mentres que o alumnado galegofalante amosa un dominio similar nos dous idiomas, máis dun 35% do castelanfalante demostra escasa competencia en galego.
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición Aquela nena de Sarria, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Un estudo realizado a 50 000 nenos e nenas en escolas de toda Inglaterra revelou que os confinamentos do último ano poden ter un impacto moi negativo no desenvolvemento lingüístico do alumando infantil.
Fonte: BBC
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que o executivo luso segue a apostar por que o portugués se converta en lingua oficial da ONU mais recoñeceu que aínda resta bastante camiño para conseguir este obxectivo.
Fonte: SAPO 24
Boletín
Subscríbase ao boletín


