Os Chardins de Shalimar é o nome do primeiro disco publicado en aragonés. Para Krevi Solenco, o seu autor, trátase dun medio de expresión para reivindicar esta lingua e para falar de cuestións sociais.
Fonte: elDiario.es
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os Chardins de Shalimar é o nome do primeiro disco publicado en aragonés. Para Krevi Solenco, o seu autor, trátase dun medio de expresión para reivindicar esta lingua e para falar de cuestións sociais.
Fonte: elDiario.es
A academia crea unha aplicación para resolver en liña as dúbidas con respecto ao uso do valenciano. Gramàtiques Normatives Valencianes, abreviada como Gramàtic-On, pretende ser unha ferramenta básica para preparar un exame ou redactar algún escrito nesta lingua.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Anabel Antela, estudante da Universidade de Vigo, é a autora A lingua galega no sector téxtil, un libro que recolle o estudo que realizou como traballo de fin de grao na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Fonte: Faro de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) para dar a coñecer o segundo volume da obra Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación, do profesor, escritor e filósofo Marcelino Agís.
O filme dinamarqués Druk (coñecido polo seu título en inglés Another Round) recibiu o Óscar á mellor produción en lingua estranxeira con motivo da 93 edición dos Premios da Academia de Hollywood.
Fonte: The Guardian
O Ministerio de Asuntos Exteriores e as Secretarías de Estado de Cinema, Audiovisual e Medios de Comunicación, do Ensino Superior e da Educación de Portugal anunciaron en Lisboa o programa do Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebrará en 44 países do mundo nun formato virtual e presencial.
Fonte: SAPO 24
A Generalitat de Cataluña asinou un convenio co Estado español para a publicación en catalán de leis e outra normativa no BOE, algo que xa se vén facendo desde o ano 1998 e ao que este acordo lle dará continuidade.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Para celebrar o Día de Aragón, a facultade recupera a exposición ‘Aragón 3L’ sobre a realidade lingüística da Comunidade e ofrece unha visión xeral sobre a situación do castelán, do aragonés e do catalán. Será posible visitala desde o día 26 de abril ata o día 3 de maio, de luns a venres e de 8:30 a 21:00 horas no edificio principal do centro.
Fonte: Radio Huesca
A comunidade virtual Orgullo Galego pon a disposición das persoas interesadas, de xeito temporal, unha colección de infografías cunha selección do léxico galego relacionado coa fauna e a flora autóctonas. A finalidade é que se usen como material didáctico pensando, sobre todo, na súa difusión entre os máis pequenos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Biblioteca Municipal de Allariz convoca a primeira edición do Certame de Relato Curto para Afeccionados, co obxectivo de promocionar a creación literaria en lingua galega. Haberá tres categorías segundo a idade das persoas participantes: ata os 11 anos, de 12 a 17 anos e de 18 anos en adiante.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín