A Universidade de Vigo contará o vindeiro curso cun novo grao, único no sistema universitario español, que ofertará 50 prazas. Filoloxía Aplicada Galega e Española busca que o alumnado adquira as competencias filolóxicas precisas para aplicalas de xeito práctico na procura de solucións aos problemas actuais coa axuda das novas ferramentas tecnolóxicas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
“Fils de conversa” é unha ferramenta interactiva para practicar o catalán posta en marcha pola Dirección Xeral de Política Lingüística á que se pode acceder desde calquera dispositivo. Está dirixida aos participantes do Voluntariado pola Lingua, ao profesorado e ao alumnado de catalán, así como a calquera persoa que desexe aprender esta lingua.
As colonias Ikusika levaranse a cabo entre o 5 e o 16 de xullo no Bilbao Exhibition Centre (BEC) de Barakaldo. Esta iniciativa pioneira ten como obxectivo impulsar o emprego do éuscaro nun ambiente lúdico e de lecer entre o alumnado de primaria.
Fonte: Gobierno Vasco
Ata o 31 de maio estará aberto o prazo para presentar propostas musicais orixinais ao certame Cantalingua, o concurso dirixido a bandas e solistas que usen o galego nas súas letras.
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os músicos Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo presentaron o audiovisual Cantar do liño e Maneo de Xaviña, realizado ao abeiro da primeira convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.
O poema The Hill We Climb, de Amanda Gorman, que a autora leu con ocasión da cerimonia de toma de posesión do presidente dos EUA, Joe Biden, está aínda de actualidade. A autora expresou que lle gustaría que as persoas que se encargasen da tradución do poema a outras linguas fosen mulleres novas, de orixe africana e activistas. Esta vontade levantou unha fonda polémica en Europa xa que evidencia a falta de variedade no eido da tradución literaria.
Baixo o lema ‘València en valencià’, o Concello de Valencia lanza a través das redes sociais esta campaña co cancelo #EnValenciàVLC co obxectivo fomentar o uso do valenciano en todos os barrios da cidade e en todas as franxas de idade.
Fonte: La Vanguardia
Netflix Euskaraz, que xa conseguiu superar as 10 000 sinaturas para solicitarlle a Netflix que incorpore contidos en éuscaro, vai prolongar a súa campaña de recollida de apoios ata decembro, co obxectivo de alcanzar as 20 000 firmas.
Fonte: GasteizBerri
A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a súa delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, abriu a programación académica do IES Castelao en homenaxe a Xela Arias Castaño, alumna deste centro entre os anos 1976 e 1981 e autora á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio.
A Oficina de Representación do Brasil en Ramala convocou a primeira Olimpíada de Lingua Portuguesa en Palestina. A competición ten varias categorías e pretende promover o coñecemento do portugués entre a poboación da comunidade brasileira que vive en territorio palestino.
Fonte: Brazil-Arab News Agency
Boletín
Subscríbase ao boletín


