Esta páxina web, creada polo Departamento navarro de Educación, está dirixida ao profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria dos modelos A e D, e de centros de ensino de éuscaro para persoas adultas. Esta ferramenta facilitaralles o uso nas clases de cancións dispoñibles en Internet, máis de 350, clasificadas por temática.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha modificación das bases das subvencións da Xunta a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, dotadas con 2,5 millóns de euros, segundo a que se aumentan as porcentaxes máximas de axuda que poden recibir as curtametraxes, as películas rodadas integramente en galego, as realizadas por mulleres, as de dirección novel cun orzamento non superior a 1,5 millóns de euros, as dirixidas por profesionais cunha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou super
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que forma parte dunha iniciativa de promoción turística impulsada conxuntamente polos concellos do Vicedo e Portomarín.
O Instituto de Estudos Miñoráns e os concellos da comarca organizan dous certames que mesturan literatura e audiovisual, Primavera Literaria do Val de Miñor de Videopoemas e Videomicrorrelatos, que teñen como obxectivo fomentar a creatividade en lingua galega da mocidade.
Fonte: Faro de Vigo
O Departamento de Cultura abriu o prazo de solicitude de axudas para proxectos de fomento do catalán dirixidas a entidades sen ánimo de lucro. Destinarase a esta liña de subvencións un orzamento de 550 000 euros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un pequeno grupo de científicos e científicas crea a base de datos interactiva ASL-LEX que ofrece información visual e detallada sobre uns 3000 signos da lingua de signos americana. A ferramenta é de acceso gratuíto para todas as persoas interesadas.
Fonte: The Conversation
Os «Criterios de uso das linguas oficiais no Goberno vasco» teñen como obxectivo fomentar e facilitar o emprego do éuscaro nas actividades internas e externas da Administración.
Fonte: Gasteiz Berri
O Partido Nacionalista Escocés (SNP, polas súas siglas en inglés) anunciou que tomará medidas para crear unha zona recoñecida de fala gaélica se gaña as eleccións do próximo mes de maio.
Fonte: The Herald
Unhas 600 persoas asinaron xa unha petición en liña que demanda que o friulano teña unha maior presenza na Radiotelevisión Italiana (RAI) por medio dunha estrutura autónoma con contidos nesta lingua.
Fonte: Il Friuli
Diferentes personalidades do mundo cultural e político de Cabo Verde pedíronlles ao presidente Jorge Carlos Fonseca e aos candidatos ás eleccións lexislativas que o crioulo caboverdiano se converta en lingua oficial do país africano.
Fonte: Deutsche Welle
Boletín
Subscríbase ao boletín


