Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de abril de 2021

    O Parlamento de Letonia aprobou as emendas á Lei de Ensino Superior que establecen que as universidades poden impartir programas de estudo en linguas oficiais da Unión Europea.

    Fonte: LSM

    16 de abril de 2021

    O líder do Partido Laborista do País de Gales, Mark Drakeford, presentou o programa electoral para as eleccións á Asemblea de Gales. Entre as medidas figura a protección das comunidades de fala galesa.

    Fonte: Nation Cymru

    16 de abril de 2021

    O francés é a lingua máis demandada nas ofertas de emprego de Luxemburgo seguida do alemán. O luxemburgués ocupa o terceiro lugar e sobe un 17 % nos últimos cinco anos.

    Fonte: Wort

    16 de abril de 2021

    Os xigantes da televisión en español Televisa de México e Univision dos EUA uníronse para crear a empresa Televisa-Univision que se converterá no maior grupo de medios de comunicación en español do mundo. A idea é competir con Netflix e Amazon no mercado dos contidos por internet.

    Fonte: Techxplore

    16 de abril de 2021

    A renovación desta canle de YouTube incorpora novas listas de reprodución temáticas e ofrece os contidos de forma organizada e xerarquizada para facilitar a procura de vídeos e mellorar a presentación. Ofrece máis de 800 vídeos de ámbitos como o cine en catalán, recursos lingüísticos, campañas de sensibilización etc.

    16 de abril de 2021

    Esta nova iniciativa impulsada desde a Deputación de Valencia consiste nun vídeo que leva por título ‘Allà on naix la música’ e que contén o vocabulario das bandas de música.

    Fonte: El Periòdic

    16 de abril de 2021

    A nova imaxe da web da RAG fai máis sinxelo e intuitivo o acceso aos diferentes recursos e mellora as funcionalidades do seu dicionario en liña, que engade a posibilidade de realizar buscas por categoría gramatical.

    Fonte: Galicia Confidencial

    15 de abril de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación virtual do Igadi Annual Report 2020-2021, que aborda desde o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) a nova normalidade e a sociedade de risco global co apoio da Xunta de Galicia.

    15 de abril de 2021

    A Xunta de Galicia, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo delegado territorial na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación do I Premio Asubío de Novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión.

    15 de abril de 2021

    Os integrantes do programa europeo Poctefa Linguatec organizaron un obradoiro de transferencia de coñecementos no que se abordaron as ferramentas dixitais desenvolvidas para o aragonés.

    Fonte: Diario del Alto Aragón

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder