Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de abril de 2021

    En Ecuador fálanse 14 linguas nativas. Porén, unha estatística do Instituto de Idiomas, Ciencias e Saberes Ancestrais de Ecuador revelou que catro de cada dez indíxenas non saben falar o seu idioma orixinario.

    Fonte: Extra

    10 de abril de 2021

    O Concello de Guimarães, en colaboración coa Universidade do Miño, anunciará o programa de conmemoracións do Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebra o día 5 de maio.

    Fonte: Semanário V

    09 de abril de 2021

    Malia a oposición do goberno, a Asemblea Nacional Francesa aprobou unha proposición de lei que abre a porta á inmersión en linguas minorizadas como o bretón ou o occitano e que permite un mellor financiamento das escolas privadas que escolaricen noutras linguas diferentes ao francés.

    Fonte: Le Figaro

     

    09 de abril de 2021

    O IES Plurilingüe de Ames e o CEIP de Porto Cabeiro de Redondela gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 convocado pola Xunta de Galicia co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer a autora a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedica este 17 de maio, Xela Arias.

    09 de abril de 2021

    A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local que supón un incremento do 40 % no seu orzamento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de abril de 2021

    Grazas á campaña e á exposición “Quan parles fas màgia” incorporouse ao Voluntariado pola Lingua un número importantes de mozas e mozos participantes, de maneira que se incrementaron nun 67 % os voluntarios, con máis de 2800 novos inscritos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de abril de 2021

    Os Premios de Ensaio e Banda Deseñada teñen como obxectivo promover a creatividade literaria e artística da comunidade universitaria. Os traballos, que deberán estar en galego e ser inéditos, poden presentarse ata o 23 de xullo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    09 de abril de 2021

    Varias entidades sociais de defensa das linguas cooficiais, como A Mesa pola Normalización Lingüística, Kontseilua, Ciemen, Plataforma per la Llengua, Escola Valenciana, Acción Cultural del País Valenciá e Iniciativa pel Asturianu realizaron unha valoración conxunta da aprobación parcial no Congreso da proposición non de lei sobre a realidade plurilingüe e igualdade lingüística.

    09 de abril de 2021

    Os Premios á calidade lingüística en galego teñen como finalidade fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado da Universidade de Santiago.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    08 de abril de 2021

    Conradh na Gaeilge (CnaG, polas súas siglas en gaélico) demandará nos tribunais o Goberno de Irlanda do Norte pola súa inacción á hora de aprobar unha lei que garanta a promoción do gaélico irlandés.

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder