Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de decembro de 2020

    Co apoio da Xunta de Galicia, a Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego dan ao prelo a obra Os animais de Fraguas, que recolle un texto do polígrafo cotobadés, ata o de agora inédito, sobre crenzas populares arredor dos animais.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de decembro de 2020

    A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) puxo a disposición de comerciantes e empresas material informativo en diferentes variedades do occitano sobre as medidas preventivas da covid-19. 

    Fonte: Jornalet

    28 de decembro de 2020

    A días de que a saída do Reino Unido da Unión Europea sexa efectiva, parece que a sociedade británica decidiu mostrar máis interese por achegarse lingüisticamente a outras culturas. De acordo con estudos realizados por empresas que ofrecen servizos lingüísticos como Duolingo, a aprendizaxe de linguas estranxeiras no Reino Unido medrou dúas veces máis rápido que no resto do mundo.

    Fonte: The Guardian

    28 de decembro de 2020

    Desde o 25 de decembro, coincidindo coa estrea do filme Soul, o catalán está dispoñible nas opcións de idioma de Disney+, no marco da colaboración entre esta plataforma e a Generalitat de Cataluña para impulsar a oferta e o consumo de contidos audiovisuais nesta lingua.

    Fonte: Vertele!

    28 de decembro de 2020

    O catálogo Filmazpit, que ten como obxectivo impulsar o cine con subtítulos en éuscaro, acaba de incluír cinco novas longametraxes, un documental, dous filmes de animación, dous dramas sociais e unha antoloxía de curtas.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    28 de decembro de 2020

    A páxina web Xaldun Kortin inclúe cancións, contos, xogos e expresións en éuscaro da tradición oral de Navarra. Está especialmente dirixida a nenas e nenos de ata seis anos, así como ás súas familias e ao profesorado.  

    Fonte: Gobierno de Navarra

    28 de decembro de 2020

    O programa Musigal 2021 ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de decembro de 2020

    A Universidade de Santiago presentou un total de 19 guías da colección Esenciais que resumen de maneira didáctica conceptos básicos de diversas materias ou partes de materias de grao. Estes volumes fan posible mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na universidade, así como transmitir información veraz e crear materiais válidos para o ensino secundario.

    28 de decembro de 2020

    Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron na elección promovida polo Portal das Palabras. Trátase dunha voz que salienta a celebración en 2020 do centenario da xeración Nós, así como a importancia que ten para saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 a primeira persoa do plural máis absoluta.

    25 de decembro de 2020

    A urbe neozelandesa de Auckland inaugurou a sinalización bilingüe inglés-maorí nun parque da cidade. A iniciativa forma parte dun programa para normalizar o uso da toponimia na lingua vernácula.

    Fonte: RNZ

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder