O Ministerio de Cultura vai incluír a literatura en asturiano e en galego-asturiano nos programas de fomento da lectura. Así mesmo, esta literatura será a protagonista dunha das actividades programadas para a Feira do Libro de Frankfurt 2022.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Ucraína redactou un documento introdutorio que senta as bases para o futuro plan de desenvolvemento e promoción do idioma tártaro de Crimea, falado por un dos pobos orixinarios do país eslavo.
Fonte: Ukrinform
O Goberno balear, a través da Oficina de Defensa de Dereitos Lingüísticos, está a investigar varios casos de discriminación lingüística denunciados nas redes sociais.
Fonte: Última Hora
A Mesa pola Normalización Lingüística conseguiu 33 008 sinaturas de apoio, que xa entregou no Parlamento, a unha proposición non se lei para instar o Goberno a aumentar a oferta televisiva en galego destinada á infancia e á mocidade a través dunha canle dedicada ao Xabarín.
Fonte: Galicia Confidencial
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou, no acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2020, o papel esencial desta na recuperación, reflectido nos proxectos presentados aos fondos europeos Next Generation, que aspiran a captar 180 millóns de euros para impulsar as industrias creativas, novos talentos, a dixitalización e a conservación do patrimonio.
Os secretarios xerais de Política Lingüística e Emigración, Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda, participaron na videorreunión de inicio do programa formativo “Cultura Galega e Emigración: a galeguidade na diáspora”, dirixido á galeguidade no exterior que organiza FUNDEHSGA (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia) e que se centra na diáspora galega.
A canle pública de televisión en lingua galesa S4C lanzou un novo servizo de noticias en galés que vén acompañado dun novo sitio web e unha aplicación móbil.
Fonte: Nation Cymru
O Consell de Mallorca destinará 300 000 euros a axudas para a edición de libros e fonogramas en catalán co obxectivo de incrementar o coñecemento e a presenza social desta lingua, así como apoiar a industria editorial e discográfica da illa.
Fonte: Crónica Balear
A Xunta de Galicia abre o prazo para a incorporación de novos centros escolares ao ensino plurilingüe no vindeiro curso 2021-22, o que permitirá seguir estendendo a aprendizaxe dunha lingua estranxeira no sistema de ensino galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Esta nova campaña, que ten como lema “Regálalles o éuscaro e chegarán moi alto / Euskararekin, gora eta gora beti!, pretende transmitirlles ás familias o valor positivo da aprendizaxe e o uso desta lingua.
Boletín
Subscríbase ao boletín




