Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de marzo de 2021

    Esta nova liña de axudas, dotada cun orzamento de 120 000 euros, está destinada a apoiar a creación ou a continuidade de proxectos de podcasts en catalán ou occitano que traten temas relacionados coa cultura.     

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    31 de marzo de 2021

    A Deputación da Coruña publicou a resolución provisional das axudas para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais durante o ano 2021.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de marzo de 2021

    Unha profesora e coordinadora dun instituto da provincia canadense de Nova Escocia creou o primeiro curso de gaélico escocés que se pode estudar no Bacharelato Internacional (IB, polas súas siglas en inglés).

    Fonte: The Chronicle Herald

    30 de marzo de 2021

    O Instituto de Estudos Occitanos alertou a través dun comunicado que o municipio francés de Carcasona eliminou os paneis en occitano que figuraban á entrada e saída da cidade. 

    Fonte: Jornalet

    30 de marzo de 2021

    As persoas xordas de Cataluña xa poden contactar co 061 Salut Respon a través dunha videochamada que atenderán intérpretes de lingua de signos catalá. Así mesmo, a nova aplicación incorpora outras funcionalidades, como un chatbot e un apartado de preguntas frecuentes sobre a covid-19.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de marzo de 2021

    O Concello de Castelló participou por primeira vez na reunión da Rede Pública de Servizos Lingüísticos Valencianos o que lle abre a porta á realización de accións de apoio ao valenciano desde moitos máis ámbitos.

    Fonte: El Periòdic

    30 de marzo de 2021

    A publicación Estudos de Onomástica Galega V. Os nomes comerciais recolle os traballos presentados na V Xornada de Onomástica nos que se reflexiona sobre as tendencias nas denominacións dos establecementos e os produtos comerciais e sobre o seu papel no proceso de normalización lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    30 de marzo de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, renovaron a colaboración de ambas as institucións no eido da investigación lingüística coa sinatura dun convenio que impulsará as accións do Instituto da Lingua Galega (ILG) nas redes sociais, a mocidade e a familia, entre outras.

    29 de marzo de 2021

    Nace no Quebec Noovo Info, unha nova empresa de servizos informativos en francés. 

    Fonte: CTV News

    29 de marzo de 2021

    Un estudo realizado por un investigador da Universidade de Toquio revelou que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira xera unha importante actividade cerebral que despois remite cando se adquiren habilidades suficientes para se desenvolver nela.

    Fonte: WION NEWS

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder