Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de marzo de 2021

    Fitur Lingua busca converterse nun punto de encontro entre os profesionais da industria turística e os principais actores do turismo idiomático. Está organizado en colaboración con Fedele, Federación Española de Asociacións de Escolas de Español para Estranxeiros.

    Fonte: Nexotur

    24 de marzo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de marzo de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no Parlamento de Galicia na entrega dos premios Publicidade en Galego 2021, uns galardóns que recoñecen traballos feitos no último ano.

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de marzo de 2021

    Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega (CDG), en colaboración coa CRTVG, así como empresas, administracións locais e varias editoriais celebrarán un amplo programa con ata medio cento de iniciativas presenciais e en liña.

    23 de marzo de 2021

    O municipio portugués de Barrancos comezou os trámites necesarios para crear un centro de interpretación que valorice e promova o idioma barranqueño, falado nesta comarca fronteiriza con España.

    Fonte: SulInformação

    23 de marzo de 2021

    Unha emenda a unha lei obrigará o colectivo de taxistas de Dinamarca a demostrar coñecementos de dinamarqués para poder traballar no país.

    Fonte: CGTN

    23 de marzo de 2021

    A Deputación de Pontevedra organiza cursos para o seu persoal e mais para o dos concellos da provincia adheridos ao seu plan formativo, o cal inclúe dous cursos de contidos lingüísticos: “Linguaxe administrativa galega. Nivel medio” e “Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de marzo de 2021

    Mecal, o Festival Internacional de Curtametraxes e Animación de Barcelona, chega á súa edición número 23, na que se proxectarán 290 curtas en versión orixinal subtitulada en catalán.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de marzo de 2021

    O Goberno vasco e Euskal Wikilarien Kultura Elkartea presentan a aplicación Txikipedia, desenvolvida por CodeSyntax. Trátase dunha wikipedia en éuscaro dirixida ao alumnado de primaria que na actualidade inclúe máis de 3000 artigos, un número que vai en aumento grazas ao traballo realizado nas escolas.  

    23 de marzo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación das xornadas “O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea”, que organiza Luneda Producións co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder